Unha ducia de desatinos tuiteiros
Se hai famosos que prenden lume cando teñen un micrófono nas mans e están diante dun auditorio ateigado, imaxinade o que poden facer desde a súa casa e o teclado do seu computador. Poden ser tan perigosos como monos con pistolas.
-
01
Confusa selectividade
Cando es unha diva do pop podes pensar que calqueta etiqueta que leve parte do teu nome se refire a ti. Iso lle pasou esta semana a Paulina Rubio (Pau para os amigos) cando decidiu que #PAU2015 se refería ao seu novo traballo e non ás probas de selectividade do Estado Español
-
02
Paula Vázquez: historias para non durmir
A presentadora galega subiu unha foto á rede social na que aparecían os seus datos persoas e, entre eles, o seu número de teléfono. Obviamente en cuestión de minutos fíxose Trending Topic e o seu móbil empezou a botar lume. Como medida disuasoria Paula Vázquez decidiu subir imaxes de todos os números que a chamaban....
-
03
Chíos que acoitelan
Machetada tras machetada a través da rede social. Así foi o bronco episodio entre o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
-
04
O Twitter provoca dimisións
E senón que llo pregunten ao director adxunto da Oficina do Alto Comisionado do Goberno para a Marca España, Juan Carlos Gafo, que tivo que deixar o seu posto tras este chío...
-
05
Chíos que desautorizan
Cando o número dous de Novas Xeracións se posicionou en contra da reforma Gallardón da lei do aborto causou un miniterremoto que se solventou con este chío desde a dirección do organismo (iso si, contaron a historia como se fose un afiliado calquera e non o número 2)
-
06
No Twitter arrastrarse tamén queda mal
A Rosa Díez ninguén lle explicou que cando te deixan é mellor non xogar o papel resentido. Leva días bombardeando na súa conta a Cidadáns. A ver Rosa, os votantes preferíronos a eles, é o que hai, non vaias choromicando, que queda aínda peor.
-
07
Destroyer
O novo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña estivo toda a campaña lembrándose de Crespo e Louzán nas súas redes sociais. O membro de Compromiso non dubidou en expresar o seu xúbilo ao ver que Louzán perdía a Deputación, aínda que se cadra, pasouse un pouco...
-
08
Nunca é tarde...
Ou iso debeu pensar o futbolista Sergio Ramos cando felicitou ao equipo feminino de waterpolo tres semanas despois da súa victoria. As rapazas tomárono con humor e a porteira do equipo Laura Ester respostoulle que
@JenniferPareja más vale tarde que nunca, gracias @SergioRamos solo han pasado tres semanas!!
-
09
Patio de colexio
Si, niso tamén pode converterse a famosa rede social e senón que lle pregunten a Toni Cantó.
-
10
Ligar polo Twitter
Leticia Sabater vén de declarar que lle gustaría perder a súa restaurada virxinidade co líder de Cidadáns, Albert Rivera, pero a cantante xa declaraba a súa filia polo político en maio
-
11
Rizando o rizo
A Policía Nacional mandou un chío un tanto confuso sobre dereitos animais falando de cazar... #asínon
-
12
A importancia do Community Manager
Ter a alguén que sexa serio pero saiba manter aos trolls á liña é fundamental. Este CM da Fnac ten o ceo gañado.