Marcos Pérez Pena

Unha ducia de postais antigas que amosan as rías pontevedresas como foron

O repositorio atoPo, da Deputación de Pontevedra, permite acceder a milleiros de documentos de todo tipo, procedentes de arquivos municipais e outras fontes, sumando neste momento máis de dez millóns de imaxes. Entre elas podemos atopar milleiros de postais promocionais de diferentes espazo da provincia, que amosan o estado destes lugares décadas atrás. Podemos ver, por exemplo, o estado que presentaban a mediados do século XX as paisaxes do litoral, que dende entón sufriron unha transformación moi importante.

  1. 01

    Vilagarcía de Arousa (1940)

    Este é o aspecto que presentaba Vilagarcía de Arousa, nunha imaxe datada en 1940. Obsérvase con claridade a Estación de Tren, o porto e, ao fondo, Vilaxoán, Vilanova e a Illa de Arousa.

  2. 02

    Cangas (1950)

    Tamén mudou moito Cangas, como se pode observar nesta imaxe que no repositorio é datada no ano 1950.

  3. 03

    Marín (1950)

    Unha das vilas que experimentou unha maior transformación foi Marín. Nesta imaxe obsérvase a Banda do Río, hoxe case irrecoñecible.

  4. 04

    Bueu (1950)

    Así era Bueu nunha postal datada en 1950

  5. 05

    Portonovo (1950)

    Así era Portonovo en 1950: unha pequena vila mariñeira entre as praias de Baltar e Caneliñas.

  6. 06

    Sanxenxo (1940)

    E o mesmo se pode dicir de Sanxenxo (e da praia de Silgar) nesta postal datada nos anos 40 do século pasado

  7. 07

    O Grove (1964)

    Imaxe da Casa do Concello do Grove nunha postal publicada en 1964 por Fotocolor Valman, de Barcelona

  8. 08

    Illas Cíes (1964)

    En 1964 xa chegaban barcos con turistas ás Illas Cíes, como se pode ver nesta postal da empresa zaragozana Arribas.

  9. 09

    Panxón (1960)

    Ao sur de Vigo, tamén Panxón (Panjón, segundo esta postal de 1960 de Postales Fama) era unha tranquila vila mariñeira.

  10. 10

    Pontevedra (1956)

    Se as vilas litorais mudaron, que dicir das cidades, como Pontevedra, como se pode ver nesta imaxe da Praza da Peregrina de 1956.

  11. 11

    Vigo (1950)

    Durante toda a ditadura e ata o ano 1981 a rúa de Urzáiz chamábase oficialmente Calle de José Antonio. Este era o aspecto que presentaba en 1950

  12. 12

    Gran Vía de Vigo (1950)

    Máis ou menos nese ano este era o aspecto da Gran Vía de Vigo.

  13. 13

    Praia de Compostela de Vilagarcía (1944)

    As postais tiñan entre os seus obxectivos amosar os atractivos do litoral galego para o nacente turismo. Así era a Praia de Compostela de Vilagarcía en 1944.

  14. 14

    A Guarda (1966)

    Nalgunhas das postais tamén se percibe o gusto pola folclorización e a xeración de estereotipos sobre Galicia. Non son poucas as imaxes de "grupos típicos" de mulleres galegas, neste caso "pescantinas", vestidas co "traxe rexional".

  15. 15

    Santa Trega

    A Guarda e Santa Trega están entre os lugares máis reproducidos nas postais dese tempo.

  16. 16

    Lalín (1950)

    E, para rematar, unha postal que sae do litoral e viaxa á Lalín, en concreto ao aspecto que presentaba a Rúa Colón en 1950.