Unha ducia de espectáculos finalistas da edición 2021 dos Premios María Casares de Teatro
Esta semana anunciáronse as obras e profesionais que optarán aos Premios de Teatro María Casares, que este ano chegan á súa edición número de 35. Os galardóns que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) entregaranse o vindeiro 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña. En total 13 espectáculos acadaron algún posto de finalista nas 14 categorías que conforman o certame.
-
01
'A lingua das bolboretas', de Sarabela Teatro
O espectáculo ‘A lingua das bolboretas’, de Sarabela Teatro, suma o maior número de finalistas, con 8, nas categorías de espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor protagonista (Josito Porto), actor secundario (Fran Lareu), adaptación-tradución (Fernando Dacosta/Gonçalo Guerreiro), iluminación (Baltasar Patiño), escenografía (Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Tegra Vázquez e Lele Álvarez).
-
02
'Dreaming Juliet', de Elefante Elegante
'Dreaming Juliet', de Elefante Elegante, é finalista en 5 categorías: espectáculo, actriz secundaria (Marta Alonso), escenografía (Gonçalo Guerreiro), música orixinal (Miguel Paz, Nacho Martín, Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Diego Valeiras)
-
03
'32 m2', de ButacaZero
Tamén opta a 5 premios '32 m2', de ButacaZero: dirección (Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Xurxo Cortázar), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), música orixinal (Rodrigo Cuevas) e escenografía (Beatriz de Vega).
-
04
'Bailar Agora', de Marta Alonso de Tejada
E tamén suma cinco postos de finalista 'Bailar Agora', de Marta Alonso de Tejada: espectáculo, dirección (Marta Alonso Tejada), actriz protagonista (Marta Alonso Tejada), iluminación (Laura Iturralde) e vestiario (Uxía P. Vaello)
-
05
‘Microspectivas dun marica millenial’, de Incendiaria
Con catro finalistas aparece ‘Microspectivas dun marica millenial’, de Incendiaria: espectáculo, actor protagonista (Davide González), texto orixinal (Davide González e Vanesa Sotelo) e iluminación (Laura Iturralde)
-
06
'Os nenos da varíola', de Pérez&Fernández
O mesmo que 'Os nenos da varíola', de Pérez&Fernández: espectáculo infantil, adaptación-tradución (Victoria Pérez), actriz secundaria (Isabel Risco) e maquillaxe (Maribel Valdivieso)
-
07
'O Premio', de La Quintana Teatro
E tamén opta a catro galardóns 'O Premio', de La Quintana Teatro: actriz protagonista (Victoria Teijeiro e Raquel Espada), texto orixinal (Santiago Coretogoso) e maquillaxe (Fanny Mosqueira).
-
08
'O mozo da última fila', de Redrum Teatro
Con tres finalistas está 'O mozo da última fila', de Redrum Teatro: actriz secundaria (Belén Constenla) e actor secundario (Machi Salgado e Rubén Porto).
-
09
'Poeta en Nova York', de Teatro Baixo da Area
Finalmente, cinco espectáculos acadaron unha candidatura para os galardóns. 'Poeta en Nova York', de Teatro Baixo da Area, na categoría de mellor adaptación-tradución (Paloma Lugilde, Xoan C. Laxe, Rosa Moledo)
-
10
'A conquista da escola de Madhubai', de Teatro do Atlántico
'A conquista da escola de Madhubai', de Teatro do Atlántico, é finalista na categoría de mellor música orixinal (Vadim Yukhnevich).
-
11
'O libro da selva', de Teatro Avento Producións
'O libro da selva', de Teatro Avento Producións opta ao premio de mellor espectáculo infantil
-
12
'Lázaro de Tormes', de Pedras de Cartón
Tamén 'Lázaro de Tormes', de Pedras de Cartón pode gañar ese galardón que recoñece o mellor espectáculo infantil
-
13
'Ris Ras', de Baobab
Unha categoría na que tamén é finalista 'Ris Ras', de Baobab