Esconder a evidencia, facer doce o amargo, suavizar o duro ou, directamente, facer pasar unha cousa por outra. Os eufemismos, elevados por moitas persoas a unha categoría semellante á neolingua orwelliana, son case omnipresentes na vida pública, maís aínda en tempos de... Crise, ou deberíamos empregar outra palabra?

  1. 01

    Competitividade

    Termo que non figura no diccionario galego (nin na RAG nin no Estraviz) pero si no nome dun Ministerio e en infinitos discursos oficiais. Segundo o ámbito o mesmo pode significar orientar o sistema educativo para competir que rebaixar salarios para provocar a devaluación interna dun país.

  2. 02

    Desaceleración

    Un dos múltiples termos que lastrou a José Luis Rodríguez Zapatero ás catacumbas políticas tras unha primeira lexislatura de avances sociais. Era crise, admite nas súas memorias. 

  3. 03

    Externalizar

    Un clásico básico. Se o fai o de enfronte adoita pronunciarse como "privatizar".

  4. 04

    Racionalizar

    Verbo que se aplica mediante tesoiras.

  5. 05

    Reformar

    As "reformas estruturais" adoitaron, nos últimos anos, ser sinónimo de recorte de dereitos. Niso seguimos.

  6. 06

    Equilibrar

    Co seu retorno ao poder o PP chegou disposto a derrogar o decreto que regulaba o uso do galego nas aulas en aras, dicía, do "equilibrio" co castelán. Media década despois do cambio de Goberno a situación non é precisamente de equilibrio.

  7. 07

    Flexibilizar

    Termo estrela na promoción das dúas últimas reformas laborais. Adoita implicar despedimentos máis doados e baratos.

  8. 08

    Crecemento negativo

    Bastante máis bonito que "recesión"

  9. 09

    Regular

    Léase "limitar" cando se refire ao dereito a folga, entre outros.

  10. 11

    Provida

    Cualificativo co que se autodenominan os grupos antiabortistas.

  11. 12

    Bilingüe

    Porque as pancartas terman do que lles poñan.