Unha ducia de exitosas deportistas galegas
Unha campaña en Internet loita para que o Deportivo aposte por un equipo feminino e recupere aquel conxunto que nos anos 80 converteuse no mellor equipo de fútbol de mulleres do Estado. Foi un dos éxitos das galegas no deporte, que está inzado de vitorias e éxitos en feminino nos últimos anos. A futbolista Verónica Boquete é unha das máximas expoñentes, pero hai moitas máis noutros deportes.
-
01
Ana Peleteiro
A ribeirense de tan só 19 anos foi plusmarquista estatal xuvenil en triplo salto, elixida mellor atleta española na mesma categoría hai catro anos e campioa de España absoluta o pasado ano. As lesións frearon a súa progresión, pero segue a ser unha das grandes esperanzas do atletismo no Estado para os vindeiros anos.
-
02
Vanessa Sotelo
A Xunta concedeulle o premio á mellor deportista galega de 2014 con tan só 19 anos. A ourensá, xogadora do Cidade das Burgas de fútbol sala, obtivo a medalla de bornce coa selección española no Mundial de Costa Rica, onde foi a máxima goleadora, e foi elixida entre as dez mellores futbolista do mundo na súa especialidade.
-
03
Alessandra Aguilar
A atleta lucense correu a maratón feminina dos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde quedou no posto 26º, sendo a mellor clasificada das tres deportistas españolas que competían, e mellorando a súa marca dos Xogos de Pequín. No Campionato Mundial de Atletismo de 2013 quedou quinta na proba de maratón, unha proba na que segue a competir durante esta tempada e na que ten postas todas as súas esperanzas.
-
04
Solange Pereira
A deportista de Cangas do Morrazo é outra das grandes atletas do país. Vén de gañar o seu prmeiro ouro nun campionato de España absoluto. Foi na proba dos 1.500 metros e logo dunha espectacular recta final queu non lle chegou, malia todo, para conseguir a marca mínima para acceder ao Europeo, unha posibilidade que aínda non está descartada.
-
05
Xisela Aranda
Conseguiu en 2014 o seu sexto campionato de España de sqash consecutivo. É a capitana da selección española, número 1 do ránking estatal e unha das mellores deportistas de Europa na súa especialidade.
-
06
Vanessa Rial
Vanessa Rial é subcampioa da División de Honra de rugbi co CRAT da Coruña, xogou coa selección española o Mundial de XV e as Series Mundiais de Seven. Unha das mellores xogadores de España, loitará por novos títulos nesta tempada xunto a outras compañeiras galegas que tamén se atopan na elite deste deporte, como Elsa Porto ou Berta García.
-
07
Teresa Portela
A padexeira galega é unha das incombustibles do deporte galego. Gañadora de trece medallas en campionatos mundiais de piragüismo e 17 en europeos, participou xxa en catro Xogos Olímpicos entre 2000 e 2012. A súa mellor actuación foi o cuarto posto logrado en Londres, na proba de K1 200 metros.
-
08
Marta Brañas
Esta boxeadora de Arteixo é unha das máis prometedoras en todo o Estado. O vindeir luns trasladarase a vivir aos Estados Unidos, onde seguirá coa súa carreira no deporte logo de ter participado xa en campionatos de Europa e do Mundo e tras asentarse na selección española. Foi campioa estatal por equiops e tres veces individuallmente en peso olímpico.
-
09
María Vilas
A nadadora de Ribeira María Vilas afrontará esta fin de semana en Málaga o Campionato de España Open de Primaver, unha cita clave na que están en xogo as marcas mínimas para o Campionato do Mundo de Kazan. Con menos de 20 anos, é unha das grandes esperanzas do deporte galego. Nos Europeos júnior de 2012, celebrados en Antuerpe, obtivo o ouro en 800 metros libres, a prata nos 400 estilos e o bronce en 1.500 libres e no relevo 4x200.
-
10
Begoña Fernández
Con 35 anos recentemente cumpridos, Begoña Fernández é a grande balonmanista galega.Representou a España en diversas ocasións, e en 2008 obtivo a medalla de prata nos campionatos de Europa, onde ademais foi escollida mellor pivote do campionato. En 2012 participou nos Xogos Olímpicos de Londres, clasificándose para semifinais, onde caeu derrotada co equipo por Montenegro, aínda que conseguiría a medalla de bronce, ao imporse ao conxunto de Corea do Sur por 29-31.
-
11
Irene Martínez
É a mellor halterófila galega da historia, logo de acadar a prata europea sub-23 e asentarsae como mundialista con importantes resultados en categoría absoluta e unha medalla de bronce nos europes júnior. Campioa de España co CH Coruña e récord estatal absoluto, aspira a participar nuns Xogos Olímpicos.
-
12
Sofía Toro
A regatista galega do Naútico da Coruña competiu durante anos na modalidade de match race, onde formou equipo coa patrona Támara Echegoyen e Ángela Pumariega, coas que foi campioa olímpica nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, nesta modalidade, con barcos da clase Elliott 6m. Ademais a tripulación, foi campioa de España en 2010 e 2011, así como campioa iberoamericana en 2010 e campioa de Europa en 2011. Agora, noutra especialidade e con outra compañeira, trata de conseguir unha praza nos Xogos de Río.