Virginia Uzal

Unha ducia de fervenzas para desconectar

"Fervenza", "Cadoiro", "Cachón", "Seimeira" son topónimos empregados para designar un salto dependendo da comarca. Sexa como sexa o nome que o designe, estes fermosos paisaxes  forma parte da natureza do noso pobo nos que podemos gozar de máxicos momentos onde desconectar. 

  1. 01

    Fervenza do Toxa

    A fervenza do río Toxa é unha das máis coñecidas en Galicia. A súa caída de 30 metros rodeada de verde vexetación e esculpidas rochas fan desta zona na localidade de Merza un perfecto retiro tanto para pasear pola súa ruta de sendeirismo, rodeada dun denso monte de carballos, castaños ou alcornoques, ou gozar das vistas dende o seu mirador onde se observa o salto dende a súa parte máis alta así como as espectaculares vistas da unión dos ríos Toxa e Deza encaixados nos seus vals. A pesar de todo, o encanto desta fervenza é  poder disfrutar da mesma aos seus pés.

  2. 02

    Fervenza de Belelle

    Este salto de 45 metros nace no Parque Natural das Fragas do Eume pero é no concello de Neda onde o río Belelle adquiere unha gran beleza, xa que para bordear o Monte Marraxón vese obrigado a encaixarse nun estreito e sinuoso val salvando desniveis formando unha das maiores fervenzas de Galicia.

  3. 03

    Fervenza de Brañas

    O río Furelos ao pasar a parroquia de Brañas, no concello de Toques, fai un salto de 40 metros de forma case vertical formando unha fermosa fervenza que logra a súa maior plenitude na época de choiva. Un muíño coñecido como “muíño da Fervenza” aproveitou as augas deste salto ata a década dos 70.

  4. 04

    Fervenza do Pozo de Onza

    Moi próximo á Serra do Xistral nace o Rego do Val dos Infernos, a case 700 metros de altitude descendendo  hacio o río Ouro. Pouco despois do seu nacemento pasa unha zona de importantes desniveis onde se produce a coñecida fervenza do Pozo de Onza, cun salto de case 15 metros de altura que acaba precisamente nunha poza.

  5. 05

    Parque da Natureza do Río Barosa

    O río Barosa salva case 60 metros en pouca distancia formando unha espectacular paisaxe rodeada de natureza que forma un dos parques máis bonitos da nosa terra. Acompañan á fervenza uns muíños e unha pequena ruta de ascenso e descenso pola outra ribeira. O lugar, que se atopa acondicionado como área recreativa e que está apto para o baño é un perfecto plan para pasar un domingo.

  6. 06

    Fervenza de Cadarnoxo

    Esta fervenza no concello de Boiro descende vertixinosamente salvando en 200 metros un desnivel de 50. Forma así unha magnifica fervenza que salta varios escalóns formando un paisaxe sen igual.

  7. 07

    Fervenza de Vieiros

    No corazón do Courel, entre as vilas de Vieiros e Ferramulín, discorre o río Selmo onde pasa un desnivel de mil metros en tan só 1 kilómetro. Forma varias fervenzas pero a máis coñecida é a de Vieiros que alcanza unha altura de 20 metros nun lugar onde a natureza se atopa en estado puro. Unha zona e un plan ideal para desconectar da rutina e conectar cun paraxe incomparable.

  8. 08

    Fervenza de Augacaída

    A pesar de ser un dos saltos máis grandes de Galicia, a fervenza de Augacaída, en plena Ribeira Sacra, é unha das máis descoñecidas. Os regos das Cernadas e de Calve encaixan nun profundo val rochoso que descende 300 metros en menos de 2 kilómetros, sobre todo no seu tramo final onde 100 metros de desnivel son salvados nunha distancia de 250, que é onde se forma a fervenza con máis de 50 metros de altura. Está rodeada incríbel monte de castaños, carballos e ata porcos salvaxes que pastan por esa ladeira.

  9. 09

    Fervenza do Ézaro

    O salto do río Xallas é un espectáculo prácticamente único en Europa. É un dos ríos con máis caudal que desemboca mendiante unha fervenza directamente no mar. Tristemente as súas augas foron truncadas pola construcción, a mediados so século pasado, dunha serie de encoros. Debido á presión de moitas organizacións conseguiuse que o último embalse liberara unha pequena parte das súas augas en determinados días e horas de xeito moi artificial e cortando a maxia que unha fervenza destas características supón. Grazas ás denuncias de diversos grupos ecoloxistas conseguise que a auga volvera a descender continuamente outra vez, aínda que non será máis que a precisa para que o río recupere mínimamente a súa vida. Grazas a esto podemos disfrutar dunha fervenza que cae desde 40 metros mesturando de forma escepcional a auga doce e a salgada.

  10. 10

    Fervenza do río Mira

    O río Mira nace na Lagoa de Alcaián, en Coristanco, e dirixese hacia a Comarca de Xallas. A pouco máis de dous kilómetros da lagoa o río encaixa entre dúas lomas onde forma un fermoso salto que en épocas de choiva se converte nun espectáculo da natureza que non pasa desapercibido

  11. 11

    Fervenza de San Xusto

    O río San Xusto forma no municipio de Lousame un espectáculo único de pequenas fervenzas e rápidos. destaca unha delas que alcanza en salto vertical os 6 metros formando unha fervenza propia dun filme. A zona, que está acondicionada con sendeiros, pasarelas de madeira e unha área recreativa conta tamén cunha ermita románica do século XII

  12. 12

    Seimeira de Vilagocende

    Para rematar, que mellor xeito que facelo que coa fervenza ou seimeira de Vilagocende en Fonsagrada. Aquí atópase un dos saltos máis fermosos, fascinantes e altos da nosa terra. Máis de 50 metros de caída vertical que forma o río Porteliña despois de nacer na Serra do Hospital , xunto a picos que superan o kilómetro de altura.  Unha pasarela de madeira permite chegar ós pés da fervenza, que se atopa acondicionada para pasar un perfecto domingo inmersos e inmersas en plena natureza.