Unha ducia de Filmes galegos
Esta fin de semana entréganse os Premios Mestre Mateo, a festa do audiovisual galego, que ao igual que outros sectores, de xeito moi sinalado no ámbito cultural e da creación, atravesa unha crise importante e un momento de necesaria redefinición. Repasamos unha ducia de filmes e pezas audiovisuais galegas que foron premiadas en anos anteriores.
-
01
2003: 'Os luns ao sol'
O filme de Fernando León de Aranoa obtivo o premio ao mellor filme en 2003, unha película inzada de actores e técnicos galegos e rodada na ría de Vigo, facendo un retrato -tan acaído aos tempos que vivimos- do desemprego e a reconversión.
-
02
2004: 'O lapis do carpinteiro'
No 2004 a gañadora foi O lapis do carpinteiro, o filme dirixido por Antón Reixa sobre a novela homónima de Manuel Rivas
-
03
2005: 'O ano da carracha'
O ano da carracha, o filme de Jorge Coira, foi o gañador do premio á mellor longametraxe en 2005. Un retrato sobre ese momento da vida, entre os estudos e o traballo, entre a mocidade e a idade adulta, no que un non sabe moi ben que facer.
-
04
2006: 'León e Olvido'
En 2006 o filme de Xavier Bermúdez foi o gañador, unha historia de dous irmáns, un deles con síndrome de down. Recibiu numerosos premios, entre eles galardóns nos festivais de Karlovy Vary, Atenas, Toulouse e Ourense.
-
05
2007: 'Un franco, catorce pesetas'
En 2007 o premio á mellor longametraxe foi para Un franco, catorce pesetas, a película dirixida por Carlos Iglesias, interpretada por Isabel Blanco, Javier Gutiérrez, Carlos Iglesias e Miguel de Lira.
-
06
2008: 'O neno de barro'
O gañador nesta edición foi O neno de barro, o filme de Jorge Algora baseado nunha historia real dun meniño de doce anos que a comezos do século XX levou a cabo unha serie de horribles asasinatos en Bos Aires.
-
07
2009: 'Os mortos van ás presas'
Ao ano seguinte o gañador foi o filme de Ángel de la Cruz, cargado de humor negro e que se estreou en Ribadeo.
-
08
2010: 'Celda 211'
En 2010 a gañadora foi Celda 211, o filme de Daniel Monzón baseado na novela homónima de Francisco Pérez Gandul.
-
09
2011: '18 Comidas'
O gañador o pasado ano foi 18 comidas, a comedia de Jorge Coira protagonizada por Luís Tosar.
-
10
2011: 'Matalobos'
Outro dos grandes triunfadore o pasado ano foi Matalobos, a serie da TVG que vai camiño de converterse nun clásico
-
11
2012?: 'Doentes'
O filme de Gustavo Balza baseado na obra de Vidal Bolaño está nomeado a varios premios da edición 2012 dos Mestre Mateo, entre eles o galardón á mellor longametraxe
-
12
2012?: 'Engurras'
O filme de animación, que xa triunfou nos Premios Goya, pode levar varios premios Mestre Mateo.