Praza Pública

Unha ducia de ideas para unha deliciosa cesta de San Xoán

Vai sendo tempo de irnos reencontrando e, amodiño, de irmos saíndo aí fóra. En Carabuñas propóñennos aproveitar o San Xoán para dar un pasiño máis e facelo acompañándonos dunha gorentosa cesta de produtos artesanais. En Carabuñas son pioneiras no aproveitamento do sabugueiro e son responsables da primeira plantación ecolóxica desta especie en Vilar de Santos. Por iso nesta cesta é case tan importante o continente coma o contido! Imos ver que trae dentro... E se apetece (seguramente, vai apetecer) podes atopala aquí xunto con outros moitos produtos aos que tamén nos achegamos.

  1. 01

    Cesta de pícnic

    Unha cesta ben xeitosa para levar cousas ricas facilmente ao ombro e, cando cheguemos ao lugar elixido, pousala con total tranquilidade. O San Xoán pode ser un día perfecto para estreala... E que nos acompañe todo o verán.

  2. 02

    O mantel

    "Polo san Xoán, mantel ao chan!", dinnos dende Carabuñas. E por iso cómpre un mantel á altura das circunstancias. Foi elaborado de maneira artesanal pola deseñadora Lumecu para Carabuñas

  3. 03

    Un bo queixo

    Na tenda de Carabuñas podemos atopar unha variedade ben ampla de queixos e embutidos. Na cesta de San Xoán achégannos a un dos produtos estrela de Queixos Feijóo, o seu semicurado ibérico, elaborado cunha mestura de leites de vaca, ovella e cabra e afinado en adega durante un mínimo de 120 días. Na tenda en liña de Carabuñas atopamos unha selección de queixos galegos de pequenas queixerías que destacan pola súa calidade e por ter logrado varios recoñecementos internacionais. Moito por descubrir!

  4. 04

    Gorentosas conservas

    A noite do San Xoán tamén piden polos produtos do mar e a cesta de Carabuñas está preparada. Trae consigo dous dos clásicos da conserveira artesá Catrineta: mexillóns fritidos en escabeche e xoubas en aceite de oliva. Dende Carabuñas lémbrannos que a recomendación da conserveira é "comer as conservas na propia lata"!

  5. 05

    As delicias do porco celta

    Cun pé no mar e outro na terra, a cesta de Carabuñas para o San Xoán achéganos tamén aos sabores do porco celta a través da cooperativa Tres Fuciños e o pack de tres chourizos de porco celta

  6. 07

    Marmelada

    O sabugueiro é xeneroso e en Carabuñas amósannolo tamén con forma doce mediante a súa marmelada ecolóxica. Está elaborada a base de bagas de sabugueiro maduras; non ten conservantes nin potenciadores de sabor adicionais.

  7. 08

    ... e aínda máis

    A cesta de San Xoán é unha excelente maneira de coñecermos os produtos de Carabuñas e todas as posibilidades que tiran do sabugueiro. Por exemplo, combinando a marmelada cun rico licor. Para elaboralo, seleccionan as mellores bagas de sabugueiro maduro e marécanas en augardente galego de alta calidade.

  8. 09

    Flor fresca de sabugueiro

    Un produto de tempada e con certificación ecolóxica. Tan só está dispoñible durante as semanas nas que está no punto óptimo de recolección nas nosas plantacións de sabugueiro ecolóxico de Carabuñas. Aquí contan todos os detalles

  9. 10

    A cesta vegana

    En Carabuñas tamén podemos atopar a súa cesta de alimentos gourmet veganos e ecolóxicos. Todos, elaborados de forma artesanal en Galicia por pequenos produtores. Nela atoparemos chourizo vegano Calabizo, infusión de bagas de sabugueiro deshidratadas, marmelada de sabugueiro, xelea de flor de sabugueiro e dúas cervexas ecolóxicas e artesás.

  10. 11

    Un bo almorzo

    En Carabuñas tamén pensaron na hora do almorzo cunha caixa moi especial. Envíana os martes, para que recibamos o pan de leite acabado de facer. Xunto a el, unhas ricas madalenas enfornadas no forno tradicional de Faragullas (Vilar de Santos), queixo, marmeladas e infusión de flor de sabugueiro. Pode ser un autoagasallo, pero tamén é posible enviala a quen desexes cunha mensaxe.

  11. 12

    Moito por descubrir do sabugueiro

    Achegarnos ao traballo de Carabuñas é tamén achegarnos ao sabugueiro, na cerna de todo o que fan. Cóntannos que é "un arbusto con certas pretensións de árbore" que, malia estar moi pegado á terra, tamén ten "conexión coa maxia". Non en van, "dise que a variña do mago Merlín estaba feita con madeira de sabugueiro". "Sexa polas súas propiedades máxicas ou porque é unha madeira moi lixeira, o certo é que se presta como un elemento perfecto para a fabricación de diferentes utensilios, xoguetes para os máis pequenos ou mesmo instrumentos como a gaita de cana, unha especie de frauta moi sinxela pensada para ser utilizada por nenos e nenas", explican.