Unha ducia de imaxes da obra de Antonio Palacios
O Museo do Mar de Galicia acolle en Vigo ata o 31 de xaneiro de 2022 a exposición ‘Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia’. Repasamos unha ducia de imaxes da mostra en homenaxe ao arquitecto que deixou a súa pegada en numerosas vilas galegas e en Madrid. [Imaxes: Xunta de Galicia, catálogo da mostra].
-
01O Porriño (1874) - Madrid (1945)
A exposición ábrese co busto de Antonio Palacios conservado no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, onde naceu o arquitecto.
-
02Unha nova cidade
Na mostra ten un lugar destacado a visión que Antonio Palacios tiña para o futuro de Vigo, unha cidade cun centro de nova planta entre o monte e o mar.
-
03O Plan Palacios
Vista parcial da réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo preparada para a exposición (alumnos Sabela Fernández e Antonio Presas baixo dirección de Javier Fondevila, IES Politécnico de Vigo, e deseños 2D e 3D de Carlos Paz de Lorenzo-CIAG)
-
04A maqueta orixinal
Imaxe da maqueta orixinal de madeira e escaiola preparada para a presentación do proxecto de ensanche e reforma interior de Vigo. Vida Gallega, febreiro 1933, Panxón.
-
05O Templo Votivo do Mar de Panxón
O sur da provincia de Pontevedra está salpicado de obras de Palacios, empezando polo seu Porriño. Na imaxe, maqueta do Templo Votivo do Mar levantado en Panxón (Nigrán). Autor: Feliciano Figueiró Alonso para a Igrexa de San Xoán de Panxón.
-
06O Palacios madrileño
Antonio Palacios é tamén o arquitecto de referencia no Madrid de hai un século. Na imaxe, na azotea do seu estudo da rúa Cedaceros e, ao fondo, dúas das súas obras máis emblemáticas, os edificios do Círculo de Bellas Artes e do Palacio de Comunicacións de Cibeles.
-
07O Círculo de Belas Artes
Tamén obras madrileñas de Palacios como o Círculo de Belas Artes contan cunha maqueta na mostra viguesa.
-
08O Metro de Madrid
Proxecto da estación da Porta do Sol e da ampliación da liña 1 do Metro de Madrid entre Sol e Atocha, 1921.
-
09Académico de Belas Artes
Caricatura de Antonio Palacios celebrando o seu discurso de ingreso na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Blanco y Negro, 1926.
-
10Os detalles
A mostra achégase tamén aos detalles máis pequenos dos deseños de Palacios.
-
11Unha exposición repartida en tres ámbitos
A exposición organízase arredor de tres ámbitos: "arquitecturas para a modernidade", "os apoios na tradición e na historia", e "a construción dunha identidade".
-
12A análise
Volume de estudos sobre Palacios editado en coincidencia coa exposición.