Praza Pública

Unha ducia de imaxes en 3D do campamento romano de Aquis Querquennis

O xacemento do campamento romano de Bande vén de ser recreado en tres dimensións no marco do proxecto Gerês-Xurés Dinámico para a dinamización desa reserva da biosfera transfronteiriza.

  1. 01

    O campamento

    O proxecto Aquis Querquennis 3D forma parte das actividades a realizar pola Deputación de Ourense para a dinamización da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), a través do proxecto Gerês-Xurês Dinámico, proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

  2. 02

    As portas

    O proxecto recrea en 3D as principais estruturas do campamento a partir do estado dos coñecementos sobre o mesmo en 2018.

  3. 03

    As portas, en vídeo

    As recreacións en 3D permitiron realizar tamén vídeos dramatizados.

  4. 04

    O cuartel xeral

    No punto de cruzamento das dúas rúas principais que chegan desde as portas está o cuartel xeral ou Principia.

  5. 05

    O cuartel xeral en vídeo

    O cuartel xeral é o centro administrativo do forte e nel gárdanse os estandartes da Lexión VII Gemina.

  6. 06

    Os barracóns hoxe

    A estrutura do campamento e os seus barracóns é perfectamente visible na actualidade.

  7. 07

    Os barracóns en 3D

    No campamento hai seis barracóns de soldados, liñas de habitáculos en edificios enfrontados ao redor dun patio con pozos que permiten a recolección e o uso das augas pluviais.

  8. 08

    Os barracóns en vídeo

    As estancias están divididas en dous ámbitos de 3×3 metros e preparadas para albergar ata a oito soldados. Un deles serve de dormitorio e o outro para cociñar e a vida diaria.

  9. 09

    O hospital

    En Roma vélase pola saúde dos seus soldados xa que se trata do seu “brazo armado” e son o seu recurso máis valioso.

  10. 10

    Os hórreos

    Os horrea eran lugares de almacenamento de produtos alimenticios, principalmente gran, polo que había que corrixir o excesivo empuxe que provocaba o volume das mercadorías, sobre as paredes laterais e evitar ao mesmo tempo aspectos como unha excesiva humidade ou a acción dos roedores.

  11. 11

    A Vía Nova

    Denominada Vía Nova ou Vía XVIII unía as poboacións de Braga (Bracara Augusta) e Astorga (Asturica Augusta). Son uns 315 quilómetros de calzada romana cuxa creación estivo relacionada coa extracción de ouro e supuxo a aparición de novos núcleos de poboación e novos hábitos.

  12. 12

    O campamento recuperado

    O atractivo de Aquis Querquennis vai máis alá da súa recreación en 3D.