Unha ducia de mapas históricos de Galicia no arquivo do Museo do Pobo
O Museo do Pobo Galego conta cunha valiosa biblioteca e arquivo documental que pon a disposición de persoas investigadoras e público xeral materiais clave para o estudo da historia de Galicia. Entre eses materiais, o Museo creou unha colección de cartografía que acolle preto de 400 planos dos últimos catro séculos, dos que unha parte importante se pode consultar online. Velaquí unha escolma destes planos.
- 
                             01 01Mapa do Reino de Galicia. Ao redor de 1600Mapa realizado en Amberes por Fernando Ojea por encargo do Conde de Lemos ao redor do ano 1600. 
- 
                             02 02Mapa da cornixa cantábrica e norte de Castela. 1652Este plano francés, de 1652, amosa toda a cornixa cantábrica, entre Galicia e Biscaia, e tamén o León e o norte de Castela. 
- 
                             03 03Mapa do Reino de Galicia. 1696Fermoso mapa italiano do Reino de Galicia publicado en 1696 
- 
                             04 04Mapa da ría e do porto de Vigo. 1745Mapa da ría e do porto de Vigo realizado en 1745 
- 
                             05 05Mapa da costa cantábrica e do litoral francés. 1759Carta náutica francesa, que amosa o litoral entre o norte da Península Ibérica e o sur das Illas Británicas 
- 
                             06 06Mapa do Bispado de Ourense. 1763Mapa do Bispado de Ourense, publicado en 1763 e realizado por José Cornide e Tomás López. 
- 
                             07 07Mapa do Bispado de Lugo. 1768Cinco anos máis tarde publicouse o mapa do bispado de Lugo, realizado tamén por Tomás López 
- 
                             08 08Mapa dos reinos de León, Galicia e Asturias. 1773Mapa francés publicado a finais do seculo XVIII que recolle a xeografía do Reino de León e das "provincias" de Galicia e Asturias. 
- 
                             09 09Mapa do 'Coto do Courel'. 1787En 1787 Tomás López realizou este mapa do "Coto do Courel" incluíndo as súas "feligresías y pueblos menores". 
- 
                             10 10Plano das Mariñas de Domingo Fontán. 1826En 1826 Domingo Fontán publicou este plano "do país adxacente ás tres rías da Coruña, Betanzos e Ferrol, chamado 'das Mariñas'". En 1817 iniciara os traballos da súa Carta Xeométrica de Galicia, que non rematou ata 1834 e que aínda tardou 11 anos máis en publicarse, en 1845. 
- 
                             11 11Plano da Ría de Pontevedra coas illas Ons e Onza. 1827Plano da Ría de Pontevedra coas illas Ons e Onza realizado en 1827 
- 
                             12 12Plano da Ría de Arousa de Domingo Fontán. 1828Dous anos despois do mapa das Mariñas, Domingo Fontán publicou este plano da Ría de Arousa. 
- 
                             13 13Plano da Ría de Viveiro. 1828Plano da Ría de Viveiro realizado en 1828 
- 
                             14 14Mapa das principais vías de comunicación por terra. 1831Este plano, publicado en 1831, recollía os trazados das principais entradas e camiños na Galicia do momento. 
- 
                             15 15Mapa da batalla de Elviña. 1855Mapa da batalla de Elviña, que tivo lugar en xaneiro de 1809, publicado en 1855