Unha ducia de murais do Rexenera Fest de Carballo
Hai uns días pechouse en Carballo unha nova edición do Rexenera Fest, dúas semanas nas que a vila bergantiñá ampliou a súa condición de museo ao aire libre con cinco novos murais. Ademais, houbo obradoiros, música, rutas guiadas e outras actividades. Dende o 2015 Carballo recibe todos os anos a algúns dos mellores creadores deste ámbito. A cita serve tamén para rexenerar ou embelecer espazos da vila, que pasan a acoller unha obra de arte e converterse nun lugar singular, irrepetible. Repasamos aquí algúns dos murais dos últimos anos.
-
01Rexenera Fest 2026
Do 28 de maio ao 7 de xuño Carballo acolleu a 12ª edición do Rexenera Fest, o festival de arte pública que leva celebrándose dende o 2015. Aínda que o centro do evento é a realización dos murais, a cita inclúe outras actividades, como obradoiros, rutas guiadas polos murais en preparación e as obras doutros anos, música en directo, unha búsqueda do tesouro...
-
02Cinco novos mirais
Este ano os e as muralistas convidadas a realizar as súas obras en Carballo foron a galega Isa Bermúdez; Lonac, dende Croacia; a madrileña Raquel Coba; Taxisdende Grecia; e Ona Salvador, dende Baleares.
-
0367 murais dende 2015
Estes cinco murais véñense sumar aos 62 realizados dende a primeira edición do Rexenera Fest, e que se poden ver neste mapa, que permite visitar o centro de Carballo seguindo as obras do festival
-
042025: Galleta María
O pasado ano a valenciana Galleta María realizou este mural co obxectivo de “dar visibilidade ás mulleres lesbianas dentro do colectivo LGTBIQA+”
-
052024: Sr X
En 2024 o galego Sr. X asinou este "Lume", inspirado polas palabras de Henry Miller: "O mundo está fóra de balance, tolo, demente. As forzas do mal están soltas e prevalecen. E dentro de min, a loita líbrase tamén".
-
062023: Alegría del Prado
En 2023 o colectivo Alegría del Prado realizou dous murais nas rúas de Carballo. Trátase dun dúo creativo formado por Octavio Alegría (México) e Ester del Prado (España).
-
072022: Franco Fasoli
En 2022 o arxentino Franco Fasoli inspirouse na pandemia de Covid para crear este "Disfraces de pandemia, veciños vixiantes e unha nai solteira", un mural "sen a intención de facernos lembrar o drama, mais si coa idea de repensar ou cavilar sobre o ocorrido dende o seu especial linguaxe alegórico e o seu certeiro punto de vista"
-
082021: Marta Lapeña
A olería de Buño (Malpica) foi a protagonista en 2021 desta obra de Marta Lapeña, que nos seus murais "entabla ligazóns co territorio no que intervén" e coas "compoñentes culturais locais".
-
092020: Elisa Capdevila
En 2020, ano da pandemia, Elisa Capdevila inspirouse no encerro obrigado, evocando "un momento de introspección e silencio"
-
102019: Millo
En 2019 o italiano Millo pintou este mural para o RexeneraFest, inspirado por acantilados, arrecifes e faros da Costa da Morte.
-
112018: Lula Goce
O traballo da galega Lula Goce tende a afondar no íntimo partindo do público. Así o fixo neste mural creado na edición 2018.
-
122017: Yoseba MP
Unha das obras máis icónicas das 12 edicións do Rexenera é este mural de Yoseba MP (Joseba Muruzábal), da serie 'Fenómenos do rural' onde as avoas galegas se converten en superheroínas.
-
132016: Natalia Rak
A polaca Natalia Rak foi unha das protagonistas da segunda edición do Rexenera, en 2016, co seu mural "I missed you"
-
142015: Dulk
Na súa primeira edición, hai xa máis dunha década, Dulk trouxo dende Valencia este fermoso mural, que creou no centro de Carballo