Unha ducia de plans para non morrer de calor
O verán galego non adoita ser moi inclemente (agás ás veces en Ourense) pero como o galego está acostumado á auga, máis de 25 graos empezan a levarse mal. Pero calma: hai plans para levalo mellor.
-
01
Spa no río Pedras
Para que pagar se podes ter un spa en plena natureza? O río Pedras crea unhas pozas espectaculares con zonas para apoiar as costas baixo a auga, Todo un luxo! (Iso si, para acceder ides suar un pouco, pero vale a pena)
-
02
Ducha natural
En moitas fervenzas é imposible meterse debaixo, pero a das Hortas, en Arzúa, ten unha pequena poza na base que permite facelo e ata ducharte baixo o chorro, todo isto, nunha zona rodeada de árbores autóctonas, quen dá máis?
-
03
Fraga, mosteiro e sombra
As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Están agrupadas nas ribeiras do río dese nome, cuns 85 quilómetros de longo. O ecosistema ten unha altísima biodiversidade e é un bo exemplo do denominado bosque atlántico, que se dá na zona grazas á proximidade co mar e ás fondas ribeiras do río. Nas terras máis próximas ao río medran montes que esconden auténticos tesouros de fieitos e musgos, específicos do parque e tamén dúas raras especies de narcisos. A sombra e o río son perfectos para combater o calor. E na cima está o premio da xoia arquitectónica do mosteiro de Caaveiro.
-
04
Muiñadas
O parque natural Ría de Barosa é un espazo natural situado na provincia de Pontevedra, no concello de Barro, moi próximo ao seu límite norte.
O río Agra movía antigamente unha serie de muiños situados no seu curso. A denominación desta estrutura é "muiñada". Cuenta con varias pozas, algunahas de area, ideais para un día familiar. O acceso é fácil e a paraxe espectacular, con pedras regadas de auga para tomar o sol.
-
05
Tomar o sol na Idade de Ferro
Achegádevos a Baroña e estendede a toalla na area. Mirade á vosa fronte e poderedes desfrutar da vista deste castro costeiro da Idade de Ferro. E, no canto do típico paseo pola area, por que non entre as citanias, a necrópole e os acantilados?
-
06
O versalles galego
Que mellor para combater o sol que perderse entre camelias e árbores exóticas ao son de fontes e estanques? O Pazo de Oca é unha boa opción para un día de calor. O solpor desde o fondo do xardín en días descubertos ofrece unha estampa pictórica propia de calquera cadro do impresionismo.
-
07
Rápidos, fervenzas e pozas
O río Cerves nace na Serra do Faro de Avión , a uns 1000 m de altura. No seu brutal descenso ata Melón, forma magníficos rápidos e fascinantes fervenzas e pozas. É a unha altura duns 500 m onde se concentra a maior parte destas pozas, que para un día de calor son unha gran opción para ir en panda.
-
08
Para o calor vilalbés...
Cerca de Vilalba, na Madalena, hai unha extensa área de lecer que abarca unha extensión de 3 hectáreas, ubicada nas ribeiras do río Madalena, nunha zona con herba e un entorno de vexetación autóctona e piñeiros. Conta cunha amplia infraestrutura de servicios para practicar deporte. Non moi lonxe ubícanse muiños de interese e a capela da Madalena.
-
09
Paraíso sen sinalización
As piscinas de Nuveira están en Arcos, Mazaricos dirección Dumbría. Só para privilexiados que coñecen a zona porque non hai sinalización, pero vale a pena botarse á aventura e atopalas. Iso si, se para combater aínda máis o calor precisades unha cervexa, tedes que saber que o bar máis preto está a varios quilómetros.
-
10
A ponte do demo
O mosteiro de Carboeiro (infelizmente profanado por Enrique Iglesias) ten uns calabozos e uns miradores nos que sempre fai frío. Ademais, pola ruta traseira hai unha ponte, a do demo, que ten unha baixada que permite un baño. Un entorno romántico e tranquilo sen parangón.
-
11
Val do Cambás
La ruta do Val de Cambás, de 6,4 km, no municipio coruñés de Aranga vai plo río que lle dá nome entre un estreito monte de ribeira, onde as cascadas do Rego de Palanca, a de Castro Rodicio e a Fraga de As Barbudas son os principais valores paisaxísticos. A sombra, o río e as fervenzas baixan o calor varios graos.
-
12
O típico
E se non podedes saír da vosa cidade... non vos vai quedar outra que o remedio típico: terraza e cervexa cos amigos... Menos dá unha pedra!