Praza Pública

Unha ducia de postais da Exposición Rexional de 1909, primeiro ano santo do século XX

A Real Academia Galega vén de divulgar a colección de tarxetas postais existentes no seu arquivo sobre a Exposición Rexional Galega de 1909, primeiro ano santo do século XX e da que salienta que foi “un dos primeiros intentos do mundo civil de utilizar a celebración relixiosa como promoción económica e turística da cidade de Santiago de Compostela”. A mostra, inaugurada o 24 de xullo polo rei Afonso XIII e o presidente Antonio Maura, tivo lugar na Alameda e arredores e foi visitada por máis de 50.000 persoas, o dobre da poboación santiaguesa daquel tempo. As imaxes están dispoñibles no Arquivo Dixital de Galicia.

  1. 01

    A colección de postais

    As imaxes do xacobeo de 1909 que conserva o arquivo da RAG son parte da súa colección facticia de postais, isto é, unha colección que agrupa todas aquelas postais de diversas procedencias que non están integradas en ningún fondo documental.

  2. 02

    A exposición

    A Exposición Rexional Galega acolleu preto de 600 instalacións situadas en once pavillóns, onde foron expostas más de 10.000 pezas de arqueoloxía, obras de arte, historia ou da industria.

  3. 03

    A alameda

    Na alameda construíronse expresamente varios pavillóns para a mostra.

  4. 04

    Arco no paseo dos leóns

    Arco instalado na entrada do paseo dos leóns da alameda.

  5. 05

    Pavillóns

    Pavillón da sección contemporánea da exposición

  6. 06

    Sección de arqueoloxía

    O edificio de San Clemente, hoxe un instituto de secundaria, acolleu a sección de arqueoloxía da exposición

  7. 07

    Esculturas

    Esculturas no patio do edificio de San Clemente

  8. 08

    Minerva

    O grupo escultórico de Minerva e os xenios das ciencias, do escultor José Ferreiro, amosado na exposición, está hoxe na fachada da facultade de Químicas da USC.

  9. 09

    O hórreo

  10. 10

    Produtos químicos

  11. 11

    Textís

  12. 12

    Industria