Darío Real

Unha ducia de presenzas galegas no FDN

A longa historia do Festival do Norte permite facer escolla dun grupo por edición para dá testimonio do papel e da evolución das bandas galegas sobre os escenarios vilagarciáns. Neste período atopamos case de todo, bandas que desapareceron, vangarda e experimentación, incremento na diversidade estilistica, atopamos quen recunca e tamen conxuntos que, cos anos, se consolidaron en referentes dos seus estilos.

  1. 01

    2000: Moop.

    Primeira edición no pavillón de Montecarmoa. O abono costou 2.500 pesetas, por ese módico precio puideronse ver a Los Planetas, Molotov, Fangoria, Chucho, Telephunken e Los Enemigos. Bandas Galegas: Moop e The Elephant Band (Xoel López).

  2. 02

    2001: Deluxe (Xoel López)

    Nesta edición incorporáronse as opcións de acampar na dura terra do campo de futbol de A Lomba e o recinto do Fexdega para acoller concertos e feira. O prezo do abono para os dous dias ascendeu a 4.500 pesetas para ver a Los Planetas, Le Hammond Inferno, Mastretta, Sexy Sadie, Sidonie, Automatics, Cooper ou Ástrud entre outros.

  3. 03

    2002: Lamatumbá

    Esta terceira edición dividiuse nun primeiro día na Peixeria Vella con La Habitación Roja, Astrud, Mercromina e Nosoträsh seguido dun segundo día en Castro Alobre protagonizado por Manu Chao e Lamatumbá. Bandas Galegas: Lamatumbá, Psicofónica do Conxo, Kozmic Muffin, CinnamonGum e Manu Chao.

  4. 04

    2005: Niño y pistola

    Tras dous anos en Compostela, retorno a Vilagarcia cun cartel liderado polos ritmos mestizos e mediterráneos con Orishas, Amparanoia, Kiko Veneno, O’Funk’illo, Bunbury, Los Delinqüentes, La Excepción... Edición desmellorada pola treboada que oblrgou a suspender as actuacións do escenario pequeno. Nesta edición a acampada trasladouse ao Parque do Castriño.

  5. 05

    2006: Manuel Seixas Neuroband

    Ambiciosa tentativa de consolidar un cartel pop internacional con Placebo, Athom Rumba, Echo & the Bunnymen, Divine Comedy, Nacho Vegas, Radio4, Tokio Sex Destruction, Second, XWife... O formato dividia os concertos da tarde na Peixeria Vella e o escenario grande a carón do Fexdega. Bandas Galegas: Manuel Seixas Neuroband, Meu, Deluxe (Xoel López)

  6. 06

    2007: Ectoplasma

    O esforzo do ano 2006 non saira todo o ben que se contaba, polo que se programou un cartel máis modesto e con maior presenza de bandas orixinadas en Galicia. Destacaron no cartel esa ano Delorean, Astrud, Sunday Drivers, Lori Meyers, Sr. Chinarro, Grupo de Expertos Solynieve e Schwartz. A novidade desta edición foi instaurar o escenario pequeno como carpa dance para rematar a festa. Bandas Galegas: Ectoplasma. TAB, the Blows, Catpeople, Deluxe (Xoel López), Igloo...

  7. 07

    2008: The Blows

    Na misma liña que o ano anterior o Festival contou con Sidonie, Clovis, The Right Ons y Sizo1990's, Standard, La Habitación Roja, Facto Delafé y las Flores Azules, Dorian, Humbert Humbert, Broken Social Scene, Sons & Daughters, Tachenko e Hidrogenesse. Bandas Galegas: The Blows, TAB,  Franc3s.

  8. 08

    2009: Nouvelle Cuisine

    Compartiron cartel Herman Dune, The Whip, Love of lesbian, X-Wife, Templeton, Ragdog, Russian Red, Vetusta Morla, Delorean, Cuchillo, Havalina e Standstill. Bandas Galegas: Nouvelle cuisine, Noise Project, Ragdog, tamen se valorou a parte galega de Manos de Topo.

  9. 09

    2010: Emilio José

    Concertos a cargo de Los Punsetes, La Bien Querida, Nudozurdo, Pete & The Pirates, Los Planetas, El Guincho, Fanfarlo, Nada Surf, We are Standard e Dorian. Comezaron este ano as actividades paralelas coa presentación dun documental sobre Surfin' Bichos. Bandas Galegas: Emilio José, Carrero Bianco e Mvnich.

  10. 10

    2011: Srasrsra

    Variados estilos entre os grupos galegos para tocar xunto com Joe Crepúsculo, Ellos, Delafé y las Flores Azules, London Guns, Peter Hook, The Vaselines, Sexy Sadie, Chapel Club, May 68 e !!!. Bandas Galegas: TAB, Srasrsra, Nadadora, Franc3s, Diadermin.

  11. 11

    2012: Disco Las Palmeras

    Fangoria e Los Enemigos encabezaron un festival atípico que contou tamén con Love of Lesbian, La Casa Azul, Lory Meyers e El Columpio Asesino. Bandas Galegas: Dirty Socks, Disco Las Palmeras.

  12. 12

    2013: Triangulo de Amor Bizarro

    Bandas Galegas: TAB, Xoel López, Jane Joyd, Novedades Carminha, Mvnich, Pedrito Diablo y Los Calaveras e Aerolineas Federales. Xunto con eles poderemos ver esta ano a Toy, Dorian, We Are Standard, Dover, La Habitacion Roja ou Sr. Chinarro entre moitos outros.