Unha ducia de (presuntos e polémicos) plaxios galegos
Nas últimas semanas, a muller de Donald Trump foi acusada de plaxiarlle un discurso a Michelle Obama e o presidente de México, Peña Nieto, de facer o mesmo coa súa tese académica. Ambos os dous negaron os feitos. Repasamos unha ducia de (presuntos e polémicos) plaxios con galegos implicados a un ou outro lado.
- 
                             01 01Peritaxe do accidente de AngroisO caso máis recente e grave de plaxio en Galicia, confirmado polo propio responsable, foi o dunha peritaxe do accidente de Angrois. Un perito enxeñeiro da Xunta copiou e pegou, sen citar a súa fonte e mesmo con erratas, parágrafos enteiros doutros informes. 
- 
                             02 02'La cruz de San Andrés', de CelaO nobel de Iria Flavia tamén admitiu non ter obrado correctamente ao apropiarse de elementos importantes dunha novela da escritora María del Carmen Formoso, que o acusou de plaxio, para dar forma á obra coa que gañou o Premio Planeta en 1994. 
- 
                             03 03Valle Inclán e as súas inspiraciónsSon varias as obras do autor de Vilanova de Arousa nas que os expertos ven numerosas similitudes con outras creacións literarias previas. 
- 
                             04 04O artigo ourensán de Bryce EcheniqueO escritor peruano afrontou numerosas acusacións de plaxios de artigos xornalísticos, entre eles un do ourensán José María Pérez Álvarez, Chesi. 
- 
                             05 05Xavier Alcalá contra Ángeles CasoEn 2009 Xavier Alcalá acusou a Ángeles Caso de apropiarse para a novela coa que gañara o Premio Planeta do título Contra el viento que el xa usara anos antes. 
- 
                             06 06As fotografías de Sandra DufayelNon só hai acusacións de plaxio na literatura. En 2014 a fotógrafa Sandra Dufayel retirou tres pezas dunha exposición que tiña na sede da Xunta en Pontevedra logo de ser acusada de plaxio por unha compañeira. Máis tarde, a propia Xunta cancelaría a exposición. 
- 
                             07 07As notas de prensa da XuntaMesmo nunha nota de prensa é posible plaxiar, cando se copian e pegan textos idénticos sen citar a súa procedencia e asumíndoos como propios. Así o fai nalgunha ocasión a Xunta nos seus comunicados públicos. 
- 
                             08 08O Plan GaiásEn 2012 unha consultora á que a Xunta lle encargara elaborar o plan estratéxico da Cidade da Cultura copiou e pegou nel diversos parágrafos doutros documentos alleos sen citar a súa fonte e asumíndoos como propios. 
- 
                             09 09Os proxectos dos metros lixeirosEn 2011 os estudos previos para os metros lixeiros que a Xunta quería facer en Vigo, A Coruña e Santiago copiaban parágrafos enteiros da wikipedia sen citar a súa orixe. 
- 
                             10 10A web educativa da XuntaEn 2015 a Asociación Nacional de Libros y Material de Enseñanza demandou á Xunta polo extremo parecido entre algúns dos contidos da súa plataforma de educación dixital e libros de texto dos seus asociados. O Goberno galego retirou eses contidos e responsabilizou á empresa á que llos encargara. 
- 
                             11 11A orixe dunha serie de éxitoMaría Dueñas foi acusada de escribir o seu best seller El tiempo entre costuras, que deu lugar a unha serie televisiva de éxito, inspirándose demasiado na obra Embassy y la inteligencia de Mambrú, escrita uns anos antes pola escritora de orixe galega pero nacida en Londres Patricia Martínez de Vicente. 
- 
                             12 12O disco de OBKA similitude entre a portada do disco Cuarta potencia de The Homens e a dun recopilatorio de OBK foi salientada como sospeitosa polos propios músicos galegos.