Praza Pública

Unha ducia de razóns para non perder o Festival 17º Ribeira Sacra

Tras a súa estrea en 2017, este ano o Festival 17º Ribeira Sacra regresa e faino por partida dupla. O 17º Paisaxe, do 27 ao 29 de xullo, e o 17 º Patrimonio, o 4 e 5 de agosto, propoñen senllas experiencias singulares combinando música, viño, gastronomía, natureza e patrimonio cultural con Monforte, Sober, Chantada, Castro Caldelas e Nogueira de Ramuín como epicentros.

Contido patrocinado

  1. 01

    Navegar polos canóns do Sil

    Unha contorna natural única con ladeiras escarpadas nas que é posible observar os viñedos dos que emerxe o viño da Ribeira Sacra. E, por se o escenario non fose dabondo, tamén concertos a bordo dos catamaráns. 

    • 27 de xullo: Concerto Sorpresa Alhambra
    • 28 de xullo: Tulsa
    • 4 de agosto: Mounqup
  2. 02

    Viños e (por suposto), música nas adegas

    A primeira edición do 17º Ribeira Sacra confirmou que música e viño maridan á perfección, máis aínda se é nunha adega. Velaquí o menú deste 2018.

    Adega Regina Viarum

    • 27 de xullo Morgan e The Harversters
    • 28 de xullo Mujeres

    Adega Algueira

    • 28 de xullo: Ten Fe

    Adega Vía Romana

    • 29 de xullo: Holly Miranda
  3. 03

    Concertos con boas vistas... A máis de 500 metros de altura

    O miradoiro de Santiorxo acolle o Escenario Alhambra, un espazo de vertixe por altura -530 metros-, pero tamén pola súa beleza.

    27 de xullo: Gloria e Ghost Beast

    28 de xullo: Elvis Perkins

  4. 04

    Pasar noites (cos seus días!) en Paradores e castelos centenarios

    O Parador de Monforte é un conxunto monumental conformado polo mosteiro de San Vicente do Pino, a torre da homenaxe e os restos dun antigo pazo. Na noite do 28 de xullo tocarán á súa beira acompañados dunha zona gastronómica:

    •  Coque Malla, Woods, Puerto Candelaria, Freedonia e Fuckaine

    O Parador de Santo Estevo é toda unha xoia románica e barroca que se remonta ao século VI nunha impresionante contorna natural. A música chegará alí o 4 de agosto da man de Ele, tamén con zona gastronómica para a ocasión.

    O Castelo de Castro Caldelas, no cumio de Cima de Vila, pertenceu á Casa de Lemos e foi practicamente derrubado nas revoltas irmandiñas. Na noite do 4 de agosto, tamén con zona gastronómica, no histórico recinto ecoarán os acordes de

    • Sés, Los Hermanos Cubero e Nastasia Zürcher
  5. 05

    Coñecer de primeira man por que "17º"

    Dezasete graos é a pendente a partir da cal a viticultura se considera heroica. E diso saben moito na Ribeira Sacra: os viñedos están distribuídos en bancais e a única mecanización son carrís para trasladar caixas. As mans, os brazos e as costas de viticultores e adegueiros seguen a ser as principais ferramentas por tras do viño da Ribeira Sacra.

  6. 06

    Aprender a esencia dos viños da Ribeira Sacra... e facer cócteis con vermú

    Ademais de música, o Festival 17º Ribeira Sacra trae consigo un programa completo de actividades ligadas ao viño nalgunhas das adegas máis emblemáticas da contorna. Catas-concerto, catas a cegas, menús especiais e mesmo un concurso de creación de cócteis son algunhas das formas de achegarse á riqueza da Denominación de Orixe durante o festival.

    27 de xullo Adega Regina Viarum: visita guiada e cata-concerto O son da Ribeira Sacra con Santi Rivas, do Colectivo Decantado.

    28 de xullo Adega Algueira: cata a cegas e menú harmonizado A esencia da Ribeira Sacra

    29 de xullo Adega Vía Romana: obradoiro de creación Os segredos do vermú

  7. 07

    Xantar ben da man de cociñeiros de renome en plena natureza

    Os mellores sabores da terra e a esencia da Ribeira da man de cociñeiros de prestixio. É a proposta que despregarán profesionais como Álvaro Villasante, do restaurante Paprica de Lugo, ou cociñeiros como Gerson Iglesias, Toño Lorenzo e Lucía Freitas en shocookings e degustacións.

  8. 08

    Mesturar artesanía e tradición con gastronomía e música

    A Reitoral de Gundivós acollerá o sábado, 26 de xullo e o domingo, 5 de agosto, dous eventos moi especiais. Neste edificio do século XVIII, restaurado como centro de interpretación da cerámica, vai pasar algo moi bonito... Que está a piques de ser desvelado.

  9. 09

    Darte un baño

    Aínda que sexa o interior, a Ribeira Sacra ofrece opcións para refrescarse que poden combinarse coas actividades do 17º Ribeira Sacra. Mesmo hai praia (si, hai praia!). A área de acampada do festival, en Sober, conta con piscina. Ademais, outras boas opcións son a praia fluvial da Cova, en Escairón, ou as piscinas municipais da contorna.

  10. 10

    Os roteiros

    Durante o festival desenvolveranse roteiros guiados para coñecer mellor a riqueza paisaxística da contorna. Unha parada obrigada han ser os miradoiros que amosan impresionantes vistas dos canóns da Ribeira Sacra.

  11. 11

    Artistas de sona internacional nun contexto único

    O 17º Ribeira Sacra combina nomes da escena galega e estatal con estrelas internacionais que ofrecen neste festival concertos cun formato difícil de atopar en calquera outro lugar. Bifannah, Coque Malla, De Vacas, Ele, Elvis Perkins, Freedonia, Fuckaine, Ghost Beast, Gloria, Sés, Morgan... Dúas fins de semana intensas. Para non perderes ningún concerto, consulta aquí todas as bandas e aquí, os horarios polo miúdo.

  12. 12

    E todo, sen aglomeracións

    O número de abonos e entradas no 17º Ribeira Sacra é limitado. Tes garantido escoitar as túas bandas favoritas sen multitudes. O festival quere ser sostible e por iso o respecto pola contorna é moi importante, tanto durante os concertos como nos desprazamentos. Por iso é recomendable empregar o servizo de transporte do propio festival -aquí, todos os detalles-. Pode reservarse tanto para o 17º Paisaxe como para o 17º Patrimonio.