Praza Pública

Unha ducia de refuxios de aves tras a desaparición da lagoa de Antela

A desaparición da lagoa de Antela, na Limia, da que agora se cumpren 60 anos, supuxo a extinción de dez especies de aves nesa comarca e unha, o ganso común, a nivel ibérico. Sen acadar en todos os casos a súa importancia, hoxe aínda existen en Galicia uns cantos refuxios de aves baixo a figura da Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA), con 16 recoñecidas repartidas nunha ducia de espazos xeográficos galegos que repasamos aquí.

  1. 01

    A Limia

    Malia a desaparición da lagoa, A Limia segue tendo recoñecida unha Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) que abarca os concellos da Porqueira, Bande, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

  2. 02

    Baixa Limia-Xurés

    A ZEPA da Baixa Limia-Xurés abarca os concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea

  3. 03

    Pena Trevinca

    A ZEPA de Pena Trevinca está nos concellos da Veiga, Carballeda de Valdeorras, O Bolo e Viana do Bolo.

  4. 04

    Serra da Enciña da Lastra

    A ZEPA da Serra da Enciña da Lastra atópase no concello de Rubiá.

  5. 05

    Ancares

    A ZEPA dos Ancares repártese entre os concellos de Cervantes e Navia de Suarna.

  6. 06

    Mariña lucense

    Na Mariña lucense hai tres zonas coa protección dunha ZEPA baixo as denominacións de Ribadeo, Ría de Foz e Costa da Mariña Occidental, que abarcan os concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.

  7. 07

    Costa norte da Coruña

    Na costa norte da provincia da Coruña hai dúas ZEPA baixo as denominacións de Costa de Ferrolterra-Valdoviño e Ría de Ortigueira e Ladrido, que abarcan os concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, Ortigueira e Cariño.

  8. 08

    Costa da Morte

    A ZEPA da Costa da Morte abarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

  9. 09

    Complexo litoral de Corrubedo

    A ZEPA do Complezo litoral de Corrubedo sitúase no concello de Ribeira.

  10. 10

    Illas Atlánticas

    No Parque Nacional das Illas Atlánticas hai á súa vez dúas ZEPA, correspondentes ás illas Cíes e Ons.

  11. 11

    O Salnés

    No Salnés hai unha ZEPA denominada Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira. Abarca os concellos da Illa de Arousa, Cambados, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo.

  12. 12

    Esteiro do Miño

    A ZEPA do Esteiro do Miño sitúase nos concellos da Guarda, O Rosal e Tomiño.