Praza Pública

Unha ducia de sardiñas, mecos e outras personaxes da fin do Entroido

Sardiñas enterradas e mecos queimados puxeron fin esta semana ás celebracións do Entroido, remate que nalgúns lugares de Galicia ten as súas particularidades. Repasamos unha ducia de festas a través de fotos dos respectivos concellos.

  1. 01

    Santiago

    Un meco alegoría da contaminación foi o que se queimou este ano en Compostela.

  2. 02

    Vigo

    A noria das festas do Nadal e outra iconografía asociada ás actuacións do alcalde, Abel Caballero, foron protagonistas, xunto co rexedor, do meco deste ano en Vigo.

  3. 03

    A Coruña

    Unha triste procesións acompañou o cadaleito da sardiña polas rúas da Coruña

  4. 04

    Ourense

    A Praza Maior de Ourense acolleu a incineración da sardiña.

  5. 05

    Lugo

    En Lugo tamén houbo todo tipo de oracións pola defunda sardiña.

  6. 06

    Miño

    Vilas de todos os tamaños celebran enterros da sardiña ou queimas do meco, desde Miño...

  7. 07

    Quiroga

    ...ata Quiroga.

  8. 08

    Marín

    As rúas de Marín viron pasar a fúnebre comitiva de despedida da sardiña.

  9. 09

    Monforte

    En Monforte mesmo hai unha irmandade encargada do enterro da sardiña.

  10. 10

    Bueu

    En Bueu organizouse tamén un enterro da sardiña infantil para os colexios da vila.

  11. 11

    A Pobra do Caramiñal

    A parroquia do Maño, na Pobra do Caramiñal, é un deses lugares de Galicia onde non se enterra sardiña nin se queima meco. Alí despídese a Felipiño do Maño.

  12. 12

    Pontevedra

    Tamén en Pontevedra o Entroido remata de xeito diferente a outros puntos de Galicia, co enterro do loro Ravachol e non o mércores de cinza senón o seguinte domingo.