Unha ducia de tarxetas postais históricas do arquivo da Real Academia Galega
A Real Academia Galega conta no seu arquivo cunha colección de postais con varios centos de exemplos de distintas épocas, dende os primeiros anos do século XX. A colección, dispoñible en copia dixital en Galiciana - Arquivo Dixital de Galicia, inclúe sobre todo postais da cidade da Coruña e tamén do resto de Galicia, pero a RAG tamén conserva tarxetas de Vietnam, a URSS, Cuba, Uruguai, Porto Rico ou os Estados Unidos.
-
01
Muralla de Lugo (1910)
Esta postal da cidade de Lugo amosa o estado no que unha parte da muralla chegou ao século XX, con casas adosadas á súa estrutura e unha gran degradación que ameazou a súa propia supervivencia.
-
02
Enterro de Curros Enríquez na Coruña (1908)
Manuel Curros Enríquez faleceu o 7 de marzo de 1908 na Habana. Os seus restos foron embarcados para Galicia e chegaron á Coruña o 31 de marzo. A capela ardente ficou instalada nos baixos da Casa do Concello. Unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da Coruña o 2 de abril de 1908 para acompañar o cortexo fúnebre.
-
03
Exposición Rexional Galega en Compostela (1909)
Exposición Rexional Galega celebrada en Santiago de Compostela (1909). Fachada principal do pavillón do Centro Galego da Habana
-
04
Chalé de Riazor, na Coruña (1900)
O Balneario da Beneficencia Municipal, construído en 1874 foi unha das 'casas de baño' que existiron a cabalo entre os séculos XIX e XX na Coruña, especialmente na praia de Riazor. Esta, en concreto, coñecida popularmente como “chalé de Riazor”, foi derruída en 1922.
-
05
Vistas dende Santa Trega (1950)
Nesta postal, a partir dunha imaxe tirada dende Santa Trega, pode observarse a desembocadura do río Miño e a costa portuguesa.
-
06
Ponte do ferrocarril sobre Redondela (1940)
O Viaduto de Pontevedra, inaugurado en 1884, e o Viaduto de Madrid, de 1876, son dous dos símbolos da vila de Redondela
-
07
Mercado de Ferrol (1905)
A postal amosa unha ateigada rúa da Igrexa e a a entrada á Praza de Abastos, no lugar onde se situaba naquel tempo.
-
08
Malecón entre Marín e Pontevedra (1930)
A imaxe dá conta do "novo" malecón que unía Marín e Pontevedra a través de Lourizán nos anos 30, un espazo posteriormente ocupado polas factorías de ENCE e ELNOSA.
-
09
Castelo de Santa Cruz (1900)
Ao redor de 1900 o Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, tiña un aspecto moi diferente ao actual e carecía da actual ponte que o conecta á costa
-
10
Praza da Verdura, en Pontevedra (1900)
Ao redor de 1900 a praza da Verdura, en Pontevedra, cumpría principalmente esa función de mercado e punto de venda dos produtos dos arredores da boa vila.
-
11
Sede do Banco de España en Vigo (1914)
A sede do Banco de España é unha mosta da fermosa arquitectura coa que sempre contou a cidade de Vigo, en moitos casos desaparecida.
-
12
Ría do Burgo (1930)
En 1930 a Ría do Burgo e a ponte que a cruza amosaban este aspecto, moi diferente ao actual.