Unha ducia de tesouros do Xurés
Os incendios dos últimos días arrasaron milleiros de hectáreas do Xurés e a Baixa Limia, unha zona en parte protexida con tesouros naturais e históricos que repasamos.
-
01Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Con máis de 250.000 hectáreas, o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e o Parque Nacional de Peneda-Gerês conforman desde 2009 unha Reserva da Biosfera transfronteiriza.
-
02Miliarios romanos
Espazo de paso para a vía romana que comunicaba Braga con Astorga, os miliarios acumulados preto do paso de Portela do Home lembran esa importancia estratéxica.
-
03Baños romanos en Río Caldo
Os restos dos baños de Río Caldo, a poucos quilómetros de Portela do Home, tamén en Lobios, son outra das pegadas deixadas polos romanos na zona.
-
04Xacemento de Aquis Querquennis
Algo máis lonxe, en Bande, está o principal xacemento romano da zona, o antigo campamento de Aquis Querquennis, tamén con baños termais.
-
05Igrexa de Santa Comba de Bande
A pouca distancia do campamento está a igrexa monacal de Santa Comba de Bande, do século VII, con materiais reutilizados de época romana.
-
06Pinturas murais
Ademais da arquitectura, a igrexa de Santa Comba conserva no seu interior pinturas murais do século XVI.
-
07Santa María a Real de Entrimo
Posterior no tempo é a igrexa de Santa María a Real, en Entrimo, cunha notable fachada barroca.
-
08Dolmen de Maus de Salas
En Muíños o dolmen de Maus de Salas é representativo da ocupación humana do territorio antes da chegada dos romanos.
-
09Bolos graníticos
A xeoloxía, co río Limia como gran protagonista, ten nos bolos graníticos da zona un dos seus atractivos, con construcións adaptadas a eles na aldea da Cela, en Lobios
-
10Vacas cachenas
A vaca cachena é un dos animais característicos do Xurés.
-
11Lirio do Xurés
A zona ten un cento de especies vexetais endémicas, entre elas o lirio do Xurés.
-
12Aguia real
A aguia real é unha das aves que atopan refuxio nos espazos naturais do Xurés.