Sara Torreiro

Unha ducia de tractores

Os tractores voltaron ás súas explotacións esta semana, pero as tractoradas provocaron en todos e todas un desexo desmedido de percorrer a cidade nunha desas todopoderosas máquinas. Dos míticos John Deere aos elegantes New Holland pasando polos uniformes Claas, demostraron que son o músculo inanimado do sector agrogandeiro galego.

  1. 01

    Os da Terra Chá

    Falan deles as Ataque Escampe no disco dos Violentos Anos Dez:

    "Son unha negra a camiñar un sábado en Vilalba sen ollar para atrás./ Once upon a time: a Terra Cha./ Estou ben informada do alcance criminal da vida./ E o nexo da estrela é un supercerebro, será culpa súa ou deste inmenso efecto placebo./ Vexo tractores pasar. Vemos tractores pasar"

  2. 02

    O amarelo

    Dicían os Zapato Veloz que os tractores amarelos se levaban alá polo verán de 1993 e que, ademáis, era o xeito máis barato de ter un descapotable.

  3. 03

    Os do cine independente

    David Lynch sube a Richard Farnsworth enriba da súa John Deere en The Straight Story

  4. 04

    O do escocés

    Quen non ten na retina o tractor de Willie nos Simpsons? A máquina muda o seu nome a Killy no episodio Treehouse of Horror XVIII e convértese nun asasino con coitelas en vez de rodas e córtalle a cabeza ao peculiar conserxe do colexio de Bart e Lisa.

  5. 05

    Os de cans

    Sen os chimpíns, o particular Festival de Cans, non sería tal.

  6. 06

    O que non vira na eira

    O americano John Deere naceu a principios dos 1800, era ferreiro e fundou a Deere & Company, a maior empresa fabricadora de equipamentos agrícolas e de construción. Os míticos tractores verdes e amarelos que remataron acuñando a frase "teño un John Deere que non me vira na eira".

  7. 07

    O do hard rock

    Se mesturamos música e tractores míticos chegamos aos John Deeres, o grupo de hard rock. Eles mesmos din que no son do grupo nótanse a influencia da potencia de Black Sabbath, do espírito de Led Zeppelin ou Deep Purple, e a psicodelia dos Doors e Hendrix.

     

  8. 08

    Os do xadrez

    En Hinojosa, preto de Guadalajara, xogan a maior partida de xadrez do mundo cun taboleiro de 25.600 metros cadrados e dúas colleitadoras no papel de raíñas. O que non temos moi claro é como é o conto de comer pezas...

  9. 09

    Os fachendosos

    Non hai tractor elegante como o New Holland. Coa súa fuselaxe azul e os seus modernos interiores, foron os reis indiscutibles das tractoradas. As súas orixes están en New Holland, en Pensilvania, onde Abe Zimmerman comezou no 1895 cun taller de reparacións.

  10. 10

    Os da URSS

    Os primeiros tractores apareceron a finais da década de 1920. As estacións de Máquinas e Tractores, ou, se preferides, Маши́нно-тра́кторная ста́нция, era un tipo de empresa estatal de agricultura da Unión Soviética e doutros países socialistas. A súa finalidade era de axuda técnica, mantemento e organización da maquinaria das grandes colectividades produtoras, como koljoses, sovjoses e cooperativas de agricultura. O 5 de xuño de 1929, o Consello de Traballo e Defensa aceptou a decisión para a implantación do sistema en toda a URSS. Permitiron un alto nivel de mantemento e o acceso dos koljoses á maquinaria sen precisar inversión. 

  11. 11

    Os históricos

    Se hai un tractor histórico por excelencia é o Fordson. Foi o primeiro que fabricaron Henry Ford e o seu fillo Edsel ao fusionar Henry Ford and Son coa Ford Motor Company. O primeiro foi o Fordson F, con motor de petróleo, tivo un éxito rotundo e dominou totalmente o mercado.

     

  12. 12

    O de Rafa Cuíña

    O alcalde de Lalín non puido resistir subir ao tractor durante as tractoradas. O que dicía ao principio: quen non quere rodar polo asfalto subida nun destes trebellos?