Unha ducia de vidas para contar o país
"Vidas para contar un país". Así presenta o Consello da Cultura Galega o seu Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías coa que quere "dar visibilidade e perspectiva de conxunto" ás mulleres e homes que durante as súas vidas "contribuíron de maneira significativa á sociedade galega" dende ámbitos tan diversos como a ciencia, a cultura ou a empresa. O número de biografías do álbum chega xa ás 544 e segue en aumento. Repasamos as incorporacións máis recentes a modo de pórtico para descubrir todas as demais. As imaxes e textos están tiradas do propio Álbum de Galicia, publicadas polo CCG baixo licenza copyleft.
-
01
Andrés do Barro
(1947-1989) Catro números un cantando en galego en plena ditadura. [Imaxe: Andrés do Barro nunha fotografía promocional dos anos 70. Fonte: Col. Fernando Fernández Rego] Ler no Álbum de Galicia
-
02
Manuela Barreiro Pico
(1877-1953) Primeira licenciada da Universidade de Santiago de Compostela (1900), exerceu como farmacéutica [Imaxe: Fotografía de Manuela Barreiro Pico vestida co traxe académico (1902). Fonte: Teresa Barreiro García-Paredes] Ler no Álbum de Galicia
-
03
Manuel de Castro 'Handicap'
(1855-1944) Deportista, xornalista deportivo, adestrador e promotor da creación do Celta de Vigo [Imaxe: Manuel de Castro cara a 1920] Ler no Álbum de Galicia
-
04
Antón Zapata García
(1886-1953) Poeta de intensa actividade sociocultural na colectividade galega da Arxentina [Imaxe: Retrato, sen datar, de Antón Zapata García Retrato, sen datar, de Antón Zapata García. Fonte: reproducida na obra de L. Pérez Leira Galegos na Arxentina. Unha ollada fotográfica, publicada en 2006] Ler no Álbum de Galicia
-
05
Carmen Díez Martín
(1912-2015) Pianista e compositora apaixonada pola música e o piano. [Imaxe: Fotografía de Carmen Díez Martín cedida pola súa filla Lourdes Fernández Díez] Ler no Álbum de Galicia
-
06
Pilar Vázquez Cuesta
(1926-2019) Escritora, filóloga e intelectual hispanista, lusófila e galaicista de traxectoria universitaria principalmente lusitanista [Imaxe: Pilar en Río de Xaneiro en 1954 Pilar no Rio de Janeiro en 1954. Fonte: Unión Libre: cadernos de vida e culturas, n. 1 (1996)] Ler no Álbum de Galicia
-
07
Aida Fernández Ríos
(1947-2015) Unha grande experta na acedificación dos océanos. [Imaxe: Aida Fernández Ríos Aida Fernández Ríos. https://oceanicas.ieo.es/aida-fernandez-rios-y-los-azares-de-la-vida/] Ler no Álbum de Galicia
-
08
Enma Pino
(1958-2014) Apaixonada, extrema e elegante, entra con voz propia na historia da música galega [Imaxe: Enma Pino nunha fotografía restaurada por Diego Seixo Enma Pino nunha fotografía restaurada por Diego Seixo. Fonte: Arquivo Mulleres en Acción - MITCFC.] Ler no Álbum de Galicia
-
09
Ángel del Castillo López
(1886-1961) Infatigable investigador, pioneiro da arqueoloxía galega e excelente conferenciante. [Imaxe: Xuntanza con motivo duna conferencia impartida de Ángel de Castillo na Coruña en 1926 Xuntanza con motivo duna conferencia impartida de Ángel de Castillo na Coruña en 1926. Fonte: Galiciana] Ler no Álbum de Galicia
-
10
Ramiro Vidal Carrera
(1887-1967) Empresario, xornalista, político e defensor da colectividade galega en Lisboa. [Imaxe: Ramiro Vidal Carrera, emigrante galego en Lisboa Ramiro Vidal Carrera, emigrante galego en Lisboa. Fonte: Arquivo familiar] Ler no Álbum de Galicia
-
11
María del Milagro Rey Hombre
(1930-1914) Arquitecta independente e vinculada coa vida municipal e universitaria galega [Imaxe: Carta de identidade de María del Milagro Rey Hombre como estudante da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (maio 1949) . Fonte: Arquivo fotográfico de Rey Hombre.] Ler no Álbum de Galicia
-
12
Anne MacSwiney
(1876-1954) Comprometida mestra e loitadora nacionalista irlandesa [Imaxe: Muriel, Mary e Anne MacSwiney. Fonte: https://motherjonescork.com/. ] Ler no Álbum de Galicia