María Reinero

Unha ducia de webs para seguir aprendendo en galego durante a corentena

Nestes días de traballo na casa para a rapazada, os e as docentes procuran os mellores materiais para o alumnado. Velaquí unha ducia de webs que ofrecen recursos de calidade en galego.

  1. 01

    Aulas Galegas

    Un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro para axudar á comunidade educativa a atopar recursos e materiais educativos en galego. Aquí contamos a súa orixe.

  2. 03

    Xabarín

    Xabarín, da CRTVG, permite ver os debuxos animados 100% en galego. Ademais de xogos, cancións, audio-contos e actividades. (A APP incorpora un control parental).

  3. 05

    #DígochoEu

    #DígochoEu son tips en formato de video onde se aclaran dúbidas cotiás co propósito de falar e escribir en galego un pouco mellor cada día de 2020. Pódense atopar tanto na web da CRTVG  como en Youtube.

  4. 09

    Vídeos musicais

    Vídeos e cancións de Mamá Cabra, María Fumaça, As Maimiñas, Sérgio Tannus, A Gramola Gominola... 

  5. 11

    Proxecto Terra

    O Proxecto Terra é unha colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Xunta para contribuír ao coñecemento dos espazos e lugares que habitamos por parte do alumnado galego.

  6. 12

    Para os docentes

    Ardora é unha aplicación informática para docentes, que lles permite crear os seus propios contidos web, dun xeito moi sinxelo. exelearning.net tamén é unha aplicación para crear materiais interactivos e está instalado por defecto nos ordenadores do E-Dixgal da Xunta.