Unha ducia de xoguetes sexuais que escandalizarían a Xunta
Esta semana coñecemos a través do Faro de Vigo o Plan Galego anti VIH/Sida no que traballa a Xunta. O proxecto inclúe un apartado de prevención no que se propón como meta non só evitar o sexo entre adultos en lugares públicos, senón tamén modalidades como o uso do puño como xoguete sexual (o coñecido fisting) e a penetración con xoguetes sexuais ou obxectos non hixiénicos que poidan causar feridas. Van 12 xoguetes sexuais que lle provocarían un infarto á titular de Sanidade.
-
01
Rabos de unicornio
Sorpresivo, non si? (Creo que non é preciso que explique como se poñen). A súa creadora, a actriz porno Tasha Reign bautizounas como Reignbow Pony Plugs e declarou que este rabo é "algo básico para todas as mozas ás que lles gustan as cousas adorables". (Eu engado mozos, que tamén poden poñela sen problema)
-
02
Lámparas para sexo oral
Que a túa parella quere sexo a escuras e ti non? Nada mellor que conciliar e non discutir. Con este trebello a parte que está facendo sexo oral pode deleitarse con luz branca de quirófano co que está facendo.
-
03
Baño con final feliz
Este inocente patiño para a bañeira é, en realidade, un vibrador. Multifuncional: por un módico prezo duns 30 dólares xoguete e vibrador, dous en un, alguén dá máis?
-
04
Vai outro vibrador
Non ten a forma ortodoxa dos vibradores pero está dotado dun sistema de uso sen mans. A súa innovadora forma estimula, cun potente vibrador, todos os puntos, e se chegan invitados e tes vergoña, podes contar que é un ambientador, ninguén pensará noutra cousa. Ten 16 completos programas e un botón "orgásmico" para os menos pacientes.
-
05
Para fans de Expediente X
Boneca inflable alien. Con tres peitos, ventosas nas dedas e unha aparente cor violeta. Perfecta para alienfílicos...
-
06
Preservativos Wacky Rubbers
É certo que os condóns son efectivos, pero aburridos. As marcas máis famosas fixéronos con espirais, con estrías, de chocolate, tropicais, de menta... Pero quen quere todo iso podendo ter porquiños, corazóns, bonecos de neve...?
Iso si, non temos moi claro como é a adaptación anatómica, nós deixamos aquí o tema, sempre podedes probar ;)
-
07
A lingua biónica
Unha lingua? Que tal dez? Para uns cunnilingus de infarto (supoñemos).
-
08
Xogos de feira
A cada un gústanlle os preliminares dunha maneira. Isto dos aros paréce cuestión de puntería (como todo).
-
09
Xogar a distancia
The Toy non é calquera xoguete, é O Xoguete. O vibrador vén con receptor bluetooth para que o actives a distancia. Que mellor maneira de xogar?
-
10
O confort é importante
Ese é o cometido do The Accommodator, que non ten moito que explicar...
-
11
Xoguetes relixiosos
Este dildo escandalízanos ata a nós. Ademais do neno Xesús, tamén podedes atopar máis formas como o Demo ou a Virxe María
-
12
Ovos... sorpresa...
O Tenga Egg é toda unha rareza. Ábreo, engade o lubricante que hai dentro, colócao na punta do pene e deslízao ata que o cubra. Os vendedores aseguran "sensacións super táctiles que che farán tremer os xeonllos do gusto"