A Audiencia Nacional rexeita imputar a Méndez pola súa xestión en Caixa Galicia

José Luís Méndez © capitalmadrid.com

A Audiencia Nacional non investigará polo de agora, a xestión en Caixa Galicia de José Luís Méndez López e dos seus fillos José Luís e Yago Enrique Méndez Pascual. O xuíz Ismael Moreno desestimou a denuncia presentada o pasado 22 de xuño por un particular, José Carlos Piñeiro González presidente do Sindicato Gardas Civís para a Democracia) que pedía que se ampliase a querela da Fiscalía contra Julio Fernández Gayoso, e os catro ex directivos que se prexubilaron con indemnizacións millonarias.

O auto do xuíz baséase en que a mala xestión "non é delito"

O auto do xuíz baséase en que a mala xestión "non é delito". "As dilixencias incoáronse para a investigación dun feito concreto, se os importes recibidos polos ex altos cargos de Novacaixagalicia en concepto de prexubilación, son ou non constitutivos de delito e non se trata, como parece pretender o denunciante, de iniciar unha investigación con carácter xeral e meramente prospectiva con ánimo xenérico de descubrir delitos, sen base obxectiva, contra os antigos xestores de Caixanova e Caixa Galicia polo seu posible mala xestión á fronte das entidades crediticias que administraban pois a mala xestión por si soa non é constitutiva de delito", di o auto.

Piñeiro González, o demandante, solicitaba que se investigase a Méndez e aos seus fillos pola posible comisión de delitos societarios, administración desleal e apropiación indebida.

José Luís Méndez © capitalmadrid.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.