A austeridade de Feijoo: o 0,0027%

Edificios administrativos de San Caetano © Xunta

O presidente da Xunta gábase decote do éxito das súas politicas de austeridade e da reducións dos gastos da administración no seu mandato. Desta volva fixo moita énfase na redución de direccións xerais -un total de 10 nun principio, pero tres delas quedan a expensas do que se estableza unha futura lei ou na Lei de Orzamentos-.

Porén, a CIG salienta que a tan publicitada redución de sete direccións xerais no organigrama da Xunta supón un aforro de 270.000 euros anuais, ou o que é o mesmo: un aforro de 2,7 cenmilésimas no gasto total dos Orzamentos: 9.858.456.530 euros. O sindicato lembra que se crean dúas subdireccións xerais e a Vicepresidencia da Xunta. Os sete directores xerais contaban cunhas retribucións medias de 55.269 euros e que a creación de dúas subdireccións xerais supón 98.295 euros, o que ten como resultado eses 270 mil euros.

A CIG salienta que a tan publicitada redución de sete direccións xerais no organigrama da Xunta supón un aforro de 270.000 euros anuais, ou o que é o mesmo: un aforro de 2,7 cenmilésimas no gasto total dos Orzamentos

CIG-Autonómica denuncia "o carácter propagandístico desta medida, que está na liña da demagoxia empregada por Feijoo nestes últimos catro anos intentando vender unha reducción das estruturas superiores da Administración galega cando o que está a facer é concentrar en poucas mans a capacidade de decisión engordando de altos cargos e persoal directivo algúns entes e órganos directivos co que suprime noutros". O sindicato conclúe que "reduce, liquida, suprime, aforra, foron os verbos empregados estes días para anunciar unha medida estrela que non é máis que pura propaganda".

Edificios administrativos de San Caetano © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.