A caída do consumo eléctrico, o mellor indicador do éxito da folga

Descenso da demanda eléctrica na folga do 29 de marzo © http://politikon.es

Fronte ás cifras de seguimento dunha folga ofrecidos polo Goberno e polos sindicatos, sempre distantes e sempre en discusión, os datos de consumo eléctrico que achega Red Eléctrica permiten unha valoración máis obxectiva do éxito dun paro xeral. O blog Politikon realizará este 14N un seguimiento en tempo real desta variable para analizar o seguimento da folga. Estes datos, con todo, non permiten medir o seguimento da folga en porcentaxe de traballadores, pois "unha fábrica pode manter maquinaria en marcha sen traballadores".

Os responsables desta páxina publicarán cada dez minutos actualizacións da evolución do consumo eléctrico e porano en relación coa caída da demanda que tivo lugar o 29 de setembro de 2010 e o 29 de marzo de 2012. O 29S de 2010 a demanda de electricidade caeu un 13,74% e o 29M de 2012 o descenso foi do 14,67%. 

O 29S de 2010 a demanda de electricidade caeu un 13,74% e o 29M de 2012 o descenso foi do 14,67%

Dende logo pódense empregar distintas metodoloxías para poñer en relación o consumo dunha e doutra xornada. Poderíase comparar co consumo do día anterior ou co da semana anterior. Pero o método que utilizará Politikon será a comparación sa demanda real coa previsión de demanda que ofrece o modelo de Red Eléctrica: "así teremos unha idea moi precisa de canto caeu o consumo por efecto da folga, respecto ao consumo que tería habido de ser un día normal". O modelo de Red Eléctrica ten un erro do 2% ao longo do ano e evita os nesgos procedentes do clima por exemplo. 

Descenso da demanda eléctrica na folga do 29 de marzo © http://politikon.es

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.