A CIG acusa a Feijoo de facer funcionario o seu persoal directivo cun custe anual de 15 millóns

Protesta de empregados públicos en San Caetano CC-BY-SA Merixo

O programa electoral do Partido Popular recolle na súa páxina 43, no apartado referido á Regulación do persoal directivo, que "é necesario establecer o réxime xurídico do persoal directivo profesional, configurando unha verdadeira carreira directiva profesional, aberta, nas Administracións Públicas Territoriais (...) tamén ás persoas que non teñen a condición de empregados públicos. Débese garantir o acceso e a permanencia  nesa carreira de conformidade a criterios obxectivos, así como a posibilidade de promocionar dentro dela".

A CIG denuncia que o obxectivo do PP é converter en persoal funcionario, cunha ligazón estable coa administración, o persoal directivo e eventual contratado de forma privada polo executivo de Núñez Feijoo: "Baixo este eufemismo de permanencia, así como a posibilidade de promocionar, o que se esconde é “enchufar” a centos de directivos da Administración e da miríada de axencias que creou, como funcionarios".

O sindicato calcula que a medida "que quedará como un lastre da Administración Pública durante unha morea de anos" terá un custe para as arcas públicas galegas de 15 millóns de euros anuais

O sindicato calcula que a medida "que quedará como un lastre da Administración Pública durante unha morea de anos" terá un custe para as arcas públicas galegas de 15 millóns de euros anuais. A CIG critica que a proposta "vulnera os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade sobre os que descansa o acceso ao emprego público" e que "mentres miles de empregados públicos se ven sen promoción interna, sen carreira profesional e con salarios recortados, e miles de galegos seguen estudando oposicións que nunca se convocaron, Feijoo pretende facer funcionarios a persoas que non se lle coñece outro oficio nin beneficio que traballar en cargos políticos cun único mérito: ser do Partido Popular".

Protesta de empregados públicos en San Caetano CC-BY-SA Merixo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.