A débeda de Galicia sobe un 9,3% nun ano, pero baixa un chisco neste trimestre

Feijóo, coa conselleira de Facenda no Consello previo ao 21-O © Xoán Crespo

A débeda de Galicia aumentou un 9,3% no terceiro trimestre con respecto o mesmo período do ano anterior, até situarse así nos 7.622 millóns de euros, unha cifra que representa o 13,3% do produto interior bruto (PIB) galego, segundo os datos publicados este venres polo Banco de España.

A débeda aumenta un 9,3% respecto ao ano pasdo, pero baixa un 0,6% en comparación co anterior trimestre

No entanto, na comparación co trimestre anterior, a débeda galega logrou un lixeiro descenso de 5 millóns de euros (un 0,6%), respecto dos 7.627 millóns de euros que rexistrou entre abril e xuño, que foi a cifra máis alta da serie histórica. En global, a débeda das comunidades autónomas baixou no terceiro trimestre respecto ao trimestre precedente, algo que non ocorría desde o terceiro trimestre do ano 2008. Así, a débeda das comunidades sumou 167.460 millóns de euros no nove primeiros meses do ano, un 0,48% menos que os 168.271 millóns rexistrados até xuño, a cifra máis alta da serie histórica.

A débeda do Estado alcanza un record e supón xa o 77,4% do PIB

En cantos aos datos do Estado, a débeda do conxunto das administracións públicas alcanzou os 817.164 millóns no terceiro trimestre, o que equivale ao 77,4% do PIB, o nivel máis alto de toda a serie histórica, que comezou en 1995.

Elena Muñoz, conselleira de Facenda © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.