A produción industrial volve caer en Galicia, desta vez un 3,6%

O sector naval en Vigo atravesa unha grave crise Dominio Público Praza Pública

O índice de produción industrial baixou en 3,6 % en xuño en Galicia, máis de tres puntos por baixo do conxunto do Estado, onde caeu un 6,9% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos feitos públicos este mércores polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Nos seis primeiros meses deste ano, a produción industrial caeu en Galicia 7,3 %, sinala o INE. En taxa interanual, Estremadura, A Rioxa e Madrid, rexistraron as maiores caídas (20,4 %; 14,7 % e 14,2 % respectivamente), mentres que Murcia alcanzou unha suba de 2,6 % e as Illes Balears de 0,1 %.

Segundo datos detallados do conxunto de España, en xuño a produción caeu en todos os sectores industriais respecto de hai un ano e o sector que máis repercutiu no descenso foi o de bens intermedios, cun descenso de 8,1 % especialmente polas actividades de extracción de pedra, area e arxila (-36,7) % e a fabricación de produtos de caucho (-23,3 %). En cambio, aumentou 25 % a fabricación doutros produtos químicos e 19,6 % a de artigos de coitelería e cubertería, ferramentas e ferraxería.

HABERÁ AMPLIACIÓN

Un traballador do naval en Vigo CC-BY-NC-ND Salvador Moreira

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.