A Xunta volve recortar nas consellerías sociais para 2014

A conselleira de Facenda entre os Orzamentos á presidenta da Cámara © Xunta

A Xunta volve recortar nas consellerías sociais. A conselleira de Facenda entregou este sábado no Parlamento os Orzamentos Xerais para 2014 e, logo dunha primeira ollada ás grandes cifra, o ámbito social volverá levar unha retallada logo da importante redución sufrida xa nas contas para este mesmo ano. Nesta ocasión, a caída é menor que a de 2013, pero supón un descenso de 55,5 millóns, o resultado de sumar o descenso orzamentario en termos absolutos das consellerías de Sanidade, Traballo e Benestar e Cultura e Educación.

As consellerías de Sanidade, Traballo e Benestar e Educación contarán con 55,5 millóns de euros menos para 2014

Así, o orzamento da Consellería de Sanidade cae un 0,6% en 2014, co que o departamento terase que conformar con 20,7 millóns de euros menos, un descenso semellante ao que sofre Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que reduce o seu presuposto nun 1% e do que se descontan máis de 20 millóns (20,9). Traballo e Benestar é outra das consellerías que sofre un recorte importante, neste caso do 1,9%, o que supón 13,9 millóns menos, tal e como se tira do proxecto das contas públicas para o vindeiro ano que a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, vén de entregar á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.

En concreto, Sanidade pasa de 3.418,7 millóns en 2013 a 3.398  para 2014. Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pasa de 2.167,4 a 2.146,5 e Traballo e Benestar de 740,9 a 727 millóns.

Sanidade e Cultura e Educación sofren cadanseu recorte de preto de 20 millóns

No entanto, hai unha consellería cuxa caída orzamentaria é moito maior. Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ve caer o seu presuposto nun 10,3%, polo que disporá de 45,6 millóns menos, de 441,2 millóns a 395,6. Case da mesma cantidade terá que prescindir Medio Rural, que ve reducida o seu presuposto en 44 millóns, de 627 a 583. La Consellería de Facenda experimenta una bajada del 6,1%, lo que supone 3,3 millones menos --pasa de 54,4 a 51,1 millones--. A caída de Economía e Industria é de 5,9 millóns (-3,5%), de 170,2 millóns a164,4.

Pola contra, o único incremento na partida económica vai para Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (de 201,7 a 204,1 millóns) que medra en 2,3 millóns (+2,3%). O recorte total bruto en todas as consellerías elévase a preto de 170 millóns. A Presidencia sofre un recorte do 7,3% e de 12,5 millóns menos -de 172,2 a 159,7-, mentres as transferencias a corporacións local mantense en 113 millóns e a achega ás universidades elévase a 374,5.

Por outra banda, o orzamento do Parlamento cae un 3,4% e queda en 18 millóns; o do Consello de Contas pasa de 6,6 millóns a 6,5, mentres que o Consello da Cultura queda con 2,4 millóns ao sufrir un descenso do 2,5%, ato empo que o Consello Conslutivo queda cun presuposto de 2 millóns.

O único incremento na partida presupostaria vai para Presidencia e Vicepresidencia

Elena Muñoz, cuestionada por estas cifras, defendeu que as tres consellerías sociais son as que "máis peso teñen" nos Orzamentos de 2014 e aclarou que os "esforzos de contención" están centrados en "gastos correntes e de funcionamento". Tal e como xa anunciara o venres a Xunta, o presuposto sitúase nos 8.391 millóns de euros, un descenso de 89 millóns respecto a 2013, un 1,1%. O Goberno galego prevé un crecemento do 0,8% do PIB e que a taxa de paro se manteña case idéntica ao situarse no 21,7%.

Ademais, Muñoz destaca que o incremento do 21,4% da renda de inclusion social (Risga) significa que o "Goberno galego vai estar ao lado dos que máis o necesitan". "Non imos deixar de lado aos que máis o necesitan, pero tamén imos seguir traballando para que poidamos incentivar a economía, reducir a taxa de paro e, polo tanto, aspiramos a que estas partidas se poidan reducir nos vindeiros anos", dixo.

 

Incremento da partida para pagar os intereses da débeda

Por outra banda, o incremento do gasto financeiro dedicado á emisión de débeda  pago de xuros e operacións de  crédito sitúase nun 17,9% consecuencia da débeda pública, que pasa de 1.110 millóns de euros no ano 2013 a 2.071 millóns ao 2014, un aumento de case 1.000 Concretamente, a partida destinada ao pago destes intereses aumenta dos 297,3 millóns a 350,4. millóns de euros. la partida destinada al pago de intereses de la deuda crece en 2014 un 17,9%. 

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asegurou que Galicia "ten controlado o seu endebedamento", aínda que medra para 2014 para "atendero os pagos". "Os gastos financeiros crecen menos que no resto de comunidades", xustificou.

Orzamentos da Xunta 2014
M.A.T.I -10,3% -45,6 millóns
Cultura e Educación -1% -20,9 millóns
Economía e Industria -3,5% -5,9 millóns
Vicepresidencia e Presidencia +1,2% +2,3 millóns
Presidencia da Xunta -7,3% -12,5 millóns
Traballo e Benestar -1,9% -13,9 millóns
Sanidade -0,6% -20,7 millóns
Medio Rural e Mar -7% -44 millóns
Facenda -6,1% -3,3 millóns

 

A conselleira de Facenda entre os Orzamentos á presidenta da Cámara © Xunta

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.