Aínda é posible atopar gasolina barata en Galicia?

A decisión adoptada pola Xunta implicaba a suba de 2,4 céntimos na gasolina e 3,6 no gasóleo CC-BY-NC-SA sofv

A Xunta decidiu o incremento do imposto sobre hidrocarburos, o que suporá un aumento de 3,6 céntimos no gasóleo e de 2,4 céntimos na gasolina, até chegar en ambos os dous casos aos 4,8 céntimos por litro. O Goberno galego busca financiar deste xeito o gasto sanitario, ao tempo que se pon en marcha o copagamento dos medicamentos hospitalarios. Galicia chega así ao tope impositivo permitido, e busca recadar 53 millóns de euros anuais. A partir de agora encher o depósito de gasolina custará 1,2 euros máis, e 1,8 euros máis no caso dos vehículos diesel.

A partir de agora encher o depósito de gasolina custará 1,2 euros máis, e 1,8 euros máis no caso dos vehículos diesel

A medida xa foi criticada polas forzas da oposición. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou tras o anuncio da Xunta da suba da taxa de hidrocarburos que “cada vez é máis urxente a necesidade dunha reforma fiscal socialmente xusta e progresiva, que pague mis quen máis ten, e iso é precisamente o que a dereita quere evitar”. O socialista di que “agora o argumento é a sanidade”, pero “onte o goberno de Feijoo respaldaba e apoiaba o repago para os enfermos hospitalarios e hoxe di que soben a taxa de hidrocarburos para financiar a sanidade. O primeiro que tiñan que ter feito é anunciar a non aplicación do repago por ser unha inxustiza sen precedentes”.

Pola súa banda, o BNG advirte de que a subida dos carburantes "supón unha nova carga para as afogadas economías persoais e familiares dos galegos e das galegas, que se suma a outras medidas como a do copago dos medicamentos hospitalarios e a sistemática política de recortes aplicada polo PP". O voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, destaca que “Feijóo contradí a súa propia propaganda de non subir impostos, subidas que sempre afectan aos impostos regresivos que paga por igual calquera persoa con independencia do seu nivel de renda. Neste caso, afectará especialmente a quen ten que desprazarse por motivos de traballo”.

Sexa como for, os prezos dos combustibles experimentarán un notable incremento. Na páxina do Ministerio de Industria pódense consultar os actuais prezos dos carburantes, localizando as estacións de servizo máis baratas de Galicia. 

 

Gasolina 95

  • 1,331. Abruñeiras (Noia). Eroski.
  • 1,338. Outeiro de Rei. Saras
  • 1,349. Ferrol. Alcampo.
  • 1,352. Vigo. Alcampo
  • 1,354. Pontedeume. Combustibles Rio Eume
  • 1,354. O Val (Narón). Ortegal Oil
  • 1,354. Fene. Ortegal Oil.
  • 1,364. Ortigueira. Ortegal Oil.
  • 1,366. Lugo. Eroski
  • 1,369. Corgo. Gasolinera O Corgo
  • 1,369. Bergondo. E.S. Cortiñán
  • 1,371. Tui. Outlet Tui
  • 1,373. Vila de Cruces. E.S. Camanzo
  • 1,374. Barbadás. Galp
  • 1,375. Ponteareas. Carbunor
  • 1,376. Lalín. Eroski
  • 1,376. Ribadeo. Eroski

 

Gasóleo A

  • 1,279. Tui. Outlet Tui
  • 1,280. Abruñeiras (Noia). Eroski
  • 1,289. Ferrol. Alcampo
  • 1,289. Pontedeume. Combustibles Rio Eume
  • 1,290. Sobreira (Lugo). Icos Oil
  • 1,294. Outeiro de Rei. Saras
  • 1,295. O Val (Narón). Ortegal Oil
  • 1,299. Fene. Ortegal Oil
  • 1,309. Bergondo. E.S. Cortiñán
  • 1,311. Vigo. Alvampo
  • 1,315. Lugo. Eroski
  • 1,318. Ortigueira. Ortegal Oil.
  • 1,319. Vilagarcía de Arousa. E.S. Salgueiral
  • 1,319. Vila de Cruces. E.S. Camanzo
  • 1,319. Corgo. Gasolinera O Corgo
  • 1,319. As Pontes. E.S. Pena de Malate
  • 1,320. Portomarín. Campa
  • 1,320. Cercio (Lalín). Cobideza
  • 1,322. Sarria. E.S. A Valiña
  • 1,325. Barbadás. Galp
A decisión adoptada pola Xunta implicaba a suba de 2,4 céntimos na gasolina e 3,6 no gasóleo CC-BY-NC-SA sofv

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.