O sindicato CCOO vén de facer efectivo o expediente de regulación de emprego (ERE) co que extinte o contrato de 24 persoas da fundación Forem con 20 dias de indemnización, "a mínima contemplada na última reforma laboral" aprobada polo Goberno, segundo denuncia a asemblea de traballadores nun comunicado.
O despide destes traballadores, que acumulan 30 días de conflito, confirmarase este mesmo venres, o día no que terán que asinar o seu finiquito. A asemblea explica que decidiu "non aceptar o acordo" e que "amosou ao mesmo tempo o seu disgusto e gran preocupación polo elevado número de despidos", xa que o ERE afecta "a máis do 66% do cadro de persoal, agás a dirección".
CCOO aplica a reforma laboral para indemnizar os traballadores cun mínimo de 20 días
Os traballadores levan tempo denunciando "as formas" e ou "pouco tacto" de Comisións durante o proceso, ademais de denunciara negativa por parte da dirección de Forem-CCOO sobre a solicitude de mediación a través do Consello Galego de Relacións Laborais. A asemblea considera que a mediación podería supor unha solución "ao conflicto enquistado dende o primeiro momento do inicio da negociación e que esta rematara coa idea de que ningunha das partes perdeu, mantendo a dignidade que tódalas persoas traballadoras merecemos".
Este grupo de traballadores denunciou que "resulta paradóxico que o propio sindicato de CCOO que foi pioneiro en por en marcha este tipo de instrumentos de resolución de conflictos por vía extraxudicial, sexa o primeiro en non utilizalas cos seus propios traballadores". E engaden que "todo isto indica, novamente, a falta de "intención" de negociación por parte da empresa e posiblemente a vontade de impoñernos un ERE coas súas condicións, sen ter en conta os principais criterios propostos pola asemblea das persoas afectadas".
Rematada a vía da negociación, rexeitada polo sindicato, os traballadores quedan nas mans da xustiza logo de permanecer en folga durante varias semanas .