CxG aposta polos xenéricos e a supresión das deputacións para financiar os emprendedores

Un mozo nunha oficina de emprego © GenCat

Compromiso por Galicia presentará nos próximos días o seu programa económico pero este luns realizou un pequeno avance, salientando que as políticas públicas deben apostar polo fomento do “coñecemento, a innovación e o emprendemento”. CxG aposta igualmente por "centralizar todas as competencias en materia de innovación, coñecemento e emprendemento" para o cal se creará a Axencia Galega de Ciencia e Innovación.

CxG aposta por "centralizar todas as competencias en materia de innovación, coñecemento e emprendemento" para o cal se creará a Axencia Galega de Ciencia e Innovación.

O líder de CxG, Xoán Bascuas, afirmou que a “Xunta debe utilizar todas as súas capacidades e os seus recursos para reverter a actual situación e que a nosa economía comece a crear emprego. Para iso faise necesario mudar as bases do noso modelo de desenvolvemento económico apostando polo coñecemento, a innovación e o emprendemento. Un modelo respectuoso co medio ambiente e os dereitos dos traballadores e traballadoras, capaz de xerar emprego de calidade e recursos para soster o Estado de Benestar”.

Compromiso tamén avoga por facilitar crédito a Autónomos e PEMES a través do Instituto Galego de Crédito Público “unha aposta imprescindible para poñer a funcionar o tecido produtivo galego”

Compromiso cre que son compatibles as políticas de "aforro e contención do gasto público” coas accións de incentivo. A este respecto Manuel González puxo como exemplo que "a eliminación das deputacións”, que aforraría 600 millóns de euros, ou a redución do gasto farmacéutico mediante unha aposta decidida polos xenéricos e os fármacos monodose serviría para “apoiar a pequena e mediana empresa e a recuperación do poder adquisitivo dos traballadores e das traballadoras públicas”. Compromiso tamén avoga por facilitar crédito a Autónomos e PEMES a través do Instituto Galego de Crédito Público “unha aposta imprescindible para poñer a funcionar o tecido produtivo galego”. Estas propostas únense á realizada dias atrás do Plano Estratéxico da Mocidade Emprendedora. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.