CxG pide "unha solución política" para as preferentes

Pérez Lema e Pérez Arias © CxG

O vindeiro martes Compromiso por Galicia celebrará un acto informativo aberto en Ponteareas, coa participación de Xoán Antón Pérez Lema, secretario de Agaprofi (Asociación Galega de afectados polos produtos financieiros ), Manuel Pérez Arias, Presidente de Agaprofi e Sandra Arauxo, de Compromiso. O acto informativo tratará non so de explicarlles aos afectados como tratar de resolver o problema das preferentes, senón que se tratará de afondar nas causas que levaron as entidades bancarias galegas a "apropiarse de maneira ilícita dos cartos e aforros dos seus usuarios". Será ás 20 horas na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo

CxG explica que "a débeda que as caixas tiñan contraídas polos movementos especuladores do mercado levaron a que artellasen produtos financieiros coa única finalidade de capitalizarse e que os aforradores pagasen as súas débedas". A formación denuncia que "todos teremos que pagar os demáns dos banqueiros" e esixe unha "solución política", pois "o goberno do PP no Estado é o que ten o deber de tomar as medidas necesarias para solucionar esta inxusta situación que afecta a miles de persoas e familias".

Pérez Lema e Pérez Arias © CxG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.