Denuncian que a Deputación de Ourense organiza cursos de formación sen certificado de profesionalidade

Sede da Deputación de Ourense Dominio Público Praza Pública

A Deputación de Ourense organiza un curso de formación ocupacional para Coidador/a socio-sanitario de persoas dependentes en institucións sociais, enmarcado no programa Innova Empleo II Ourense 3.0, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo prioritario é facilitar a inserción socio-laboral a demandantes de empreo pertencentes aos colectivos máis vulnerables e con dificultades de acceso ao mercado laboral: desempregados de longa duración, inmigrantes, maiores de 45 ou menores de 30, entre outros.

Denúnciase que este curso carece do necesario certificado de profesionalidade SSCS0208

Prométese unha axuda de 400 euros ao mes durante os seu catro meses de duración, e supostamente serviralles ás persoas formadas para traballar en institucións sociais como xeriátricos. O importe da renda de inserción social será como máximo do 75% del IPREM previsto para este ano (532 euros).

Porén, denúnciase que este curso carece do necesario certificado de profesionalidade SSCS0208, que si teñen outros cursos semellantes que se ofertan desde os sindicatos e outros centros acollidos ao programa AFD da Xunta. Deste xeito, o curso non lles serviría para atopar un emprego neste eido ás persoas que o completen.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.