Entidades sociais renovan a súa aposta polo 'X Solidario'

Presentación da campaña, este martes © EAPN-Galicia

EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinara Galega de ONGD presentaron este martes a campaña 2016 da renda, na que un ano máis fan un chamamento á poboación a que marque na súa declaración da renda o X Solidario, de xeito que o 0,7% das súas achegas á caixa común vaian destinadas ás entidades sociais.

"Ese diñeiro irá integramente destinado a programas e a persoas en risco de exclusión, tanto a nivel nacional como en proxectos de cooperación e desenvolvemento. Vivimos unha situación de crise acumulada e moitas persoas atópanse en risco de exclusión, sendo esta unha maneira de axudar e colaborar a sacalos desta situación", destacou o presidente de EAPN-Galicia, Antonio Hernández Fernández.

Filgueira fixo un chamamento "a ese 46,8% de persoas que só marcan a casilla da Igrexa ou no marcan recadro ningún"

Pola súa banda, Gema Filgueira, presidenta de la Coordinadora Galega de ONGD, destacou que no pasado ano ao redor da metade dos e das contribuíntas galegas escolleu a opción de fins sociais, o que tivo como resultado a recadación de máis de 15 millóns de euros para estes proxectos. Con todo, Filgueira fixo un chamamento "a ese 46,8% de persoas que só marcan a casilla da Igrexa ou no marcan recadro ningún". De igual xeito, na presentación da campaña, lembrouse que marcar este recadro non implica pagar máis impostos (de non facelo, o 0,7% vai directamente para a caixa xeral do Estado).

Unha das grandes diferenzas entre a entrega de cartos a través do X Solidario e a escolla da Igrexa católica (que en Galicia é a opción de un de cada catro contribuíntes) é que os cartos destinados a fin sociais son empregados "única e exclusivamente para proxectos concretos de acción social, non para financiar a estrutura das ONG, mentres que o da Igrexa si se utiliza para financiar a súa estrutura", como destacaba o pasado ano como destacaba o pasado ano Juan Lara, presidente da Plataforma de ONG de Acción Social. 

Presentación da campaña, este martes © EAPN-Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.