Están seguros os nosos cartos?

Cartaz do acto © CxG

Compromiso por Galicia organiza este martes en Vigo un acto informativo sobre a crise bancaria, aforros e produtos financeiros titulado Están seguros os nosos cartos? O acto terá lugar a partir das oito da tarde no Auditorio da antiga Reitoría (rúa Areal, 46) e nel intervirán Manuel González López, profesor doutor de Economía Aplicada da USC e  Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e representante de AGAPROFI (Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros).

O coloquio abordará a actual crise financeira e tamén analizará os instrumentos financeiros usados polas grandes Caixas e que conduciron a milleiros de persoas a perder os seus aforros.

Xoán Antón Pérez Lema é avogado, foi profesor da Universidade de Vigo e da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados da Coruña. É profesor do primeiro Master en Asesoría Xurídica de Empresas de Galicia no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE) da Coruña, ademais de secretario xeral da Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros (AGAPROFI). Como avogado acaba de acadar o primeiro xuizo de anulación de preferentes na provincia da Coruña. A sentenza declara a nulidade do contrato de adquisición de participacións preferentes de Novacaixagalicia na contía de 28.000 euros, e na sentenza o Xulgado decretou a nulidade do contrato condenando á citada entidade bancaria a devolver á demandante os citados 28.000 euros, máis os xuros legais que correspondan, incrementados en dous puntos.

Cartaz do acto © CxG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.