Galicia lidera a caída da produción industrial no Estado

Un traballador do naval en Vigo CC-BY-NC-ND Salvador Moreira

Galicia segue a liderar as estatísticas negativas de produción industrial, ao caer un -2,3% en relación ao mesmo mes de 2013, o que supón a sexta baixada consecutiva desde que o índice se incrementase o pasado marzo un 1,9%. Xa que logo, o Índixe Xeral de Produción Industrial (IPI) acumula un descenso do -4,4% no que vai de ano no país, logo de comezar o ano cun retroceso do -3,2% e tras as subas de febreiro e marzo do 1% e do 1,9%.

A caída da produción industrial en Galicia é a maior de todo o Estado, no que só tres autonomías tiveron taxas negativas

A produción industrial vén lastrada polos datos moi negativos en abril (-8,1%), maio (-8,6%), xuño (-3,7%), xullo (-8,1%) e agosto (-8,1%). Ademais, mentres o IPI descende en Galicia, no conxunto estatal aumentou no pasado setembro un 3,6% con respecto ao mesmo mes de 2013, o que supón o segundo maior aumento en España tras o de marzo.

O índice de produción industrial acumula un descenso do 4,4% no que vai de ano en Galicia

O comportamento do índice de produción industrial en Galicia foi o peor en setembro de todo o Estado, xa que mentres aumenta en 14 das autonomías, tan só baixa en tres -Estremadura e Cantabria ademais da comunidade galega-, sendo o descenso no país o máis acusado no último ano. Ademais, e desde o mes de setembro de 2010, o descenso da IPI foi do -7,62% na autonomía, superior á media estatal, que s esitúa no -7,09%.

Ademais da subida da Rioxa (a maior cun 12%), a produción industrial aumentou bastante nas comunidades de Baleares (7,2), Navarra (6,9), Andalucía (6,4), País Vasco (6,2), Castela e León (6,1), Murcia (6,9), Madrid (5,4) e Aragón (5).

Un traballador do naval en Vigo CC-BY-NC-ND Salvador Moreira

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.