Galicia vivirá a súa décimo cuarta folga xeral

© CIG

Na historia das mobilizacións de traballadores destaca a conflitividade de 1984 e 1985, con cinco folgas xerais en dous anos, motivas as máis delas pola reconversión industrial. Tamén a do 12 de novembro de 1988 contra o plan de emprego xuvenil e a política económica do goberno socialista, que paralizou o país por completo. Ou as que tiveron lugar en 1992 e 1994, no contexto dunha dura crise económica. Tamén a que en 2002 obrigou a José María Aznar a modificar o chamado decretazo ou a do 29 de setembro de 2010, a primeira que sufriu Zapatero.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.