Imaxin Software gaña o Premio Leixaprén, centrado este ano no uso do galego na empresa

Captura de pantalla de Imaxin Dominio Público Praza Pública

"No uso do galego semellan unha empresa moi coherente e seria, que usa a lingua como marca de calidade, sen necesidade de engadir xustificacións previas; non venden identidade, pero si calidade e innovación. É dicir, exploran un ámbito empresarial que fomenta a modernidade do idioma, a súa adecuación a contextos profesionais de éxito económico e tecnolóxico". Argumentos coma este valéronlle á empresa compostelá de software Imaxin para merecer o Premio Leixaprén, outorgado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística (CGENDL).

O obxectivo dos convocantes, neste ano das Letras dedicado ao empresario Valentín Paz-Andrade, era recoñecer o bo labor realizado por algunhas empresas do país con respecto á lingua

O obxectivo dos convocantes, neste ano das Letras dedicado ao empresario Valentín Paz-Andrade, era recoñecer o bo labor realizado por algunhas empresas do país con respecto á lingua, polo que os cinco candidatos propostos foron Imaxin Software R, Alimentos Amorodo, Martín Códax e A-1 Seguridade. Finalmente, Imaxin foi a máis votada entre os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino, superando na votación por unha axustada marxe a R e Alimentos Amorodo.

Miguel Outeiro, da Coordinadora, salientou os méritos destas e doutras empresas nun ámbito no que o uso do galego é mínimo e "no que queda moito por facer"

Miguel Outeiro, da Coordinadora, salientou os méritos destas e doutras empresas nun ámbito no que o uso do galego é mínimo e "no que queda moito por facer", e nun escenario no que as políticas do goberno galego, lonxe de mellorar a situación, só a empeoran, nunha estratexia continuada de ataques á lingua galega.

 

Os méritos das empresas

Se de Imaxín se detacou "a integración no universo TIC, o toque de innovación nos servizos que ofrece ao cliente, a perspectiva global que ten desde Galicia" ou o desenvolvemento do software de tradución Opentrad, no resto das empresas candidatas tamén se puxeron riba da mesa as súas virtudes. Por exemplo, en R destacouse "a súa grande proxección pública, xa que é unha empresa instalada practicamente en toda Galicia e que está ligada a un campo innovador como é o das telecomunicacións" así coma que "escolleron esta lingua para marcar a orixe galega da empresa e así distinguirse do resto de operadoras de telecomunicacións". Tamén se salientou que "empregan o galego en todos os eidos de comunicación da empresa e relación coa clientela, aínda que na xestión interna non prevaleza o galego".

En A-1 Seguridade fíxose fincapé no "rigor e seriedade dos usos lingüísticos nun sector empresarial que usualmente non asociamos á promoción do idioma"

En canto a Alimentos Amorodo, unha empresa de conservas ecolóxicas de Forcarei valorouse "a contribución á normalización lingüística no mundo da empresa, ao lado da aposta polo medio ambiente e o impulso dos modelos empresariais sostibles". De Martín Códax sinalouse o seu "compromiso inequívoco co país" e "a opción pola galeguización dos seus produtos incluso estando destinados á súa distribución fóra de Galicia". Finalmente, en A-1 Seguridade fíxose fincapé no "rigor e seriedade dos usos lingüísticos nun sector empresarial que usualmente non asociamos á promoción do idioma".

 

Do Barbanza para toda Galicia

O galardón foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes

O galardón foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística, que integraba distintos centros educativos das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e arredores. A partir deste curso o premio pasa a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia. O Premio Leixaprén 2012 entregarase este sábado 26 de maio nun xantar que se celebrará no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela e o galardón consistirá nunha figura alegórica do artista Álvaro Negro.

Captura de pantalla de Imaxin Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.