Merkel pide cinco anos máis de austeridade para saír da crise

Mariano Rajoy e Angela Merkel, na Moncloa © Goberno de España

"Calquera que pense que a situación económica europea se pode resolver en un ou dous años, está equivocado". Angela Merkel falou con moita claridade nun congreso rexional do seu partido, a CDU, no estado federado de Mecklemburg, no Norte da Alemaña. A mesma claridade que se bota en falta nas intervencións de Mariano Rajoy e dos seus ministros. A canciller alemá afirmou que a Unión Europea necesitará "cinco anos ou máis" de austeridade para superar la crise económica.

Pediu polo tanto "cinco anos máis de esforzo" e aos restantes países pregoulles que "aguanten a respiración"

“Precisamos de austeridade para convencer o mundo de que paga a pena investir en Europa”, dixo e engadiu que se necesitan “grandes reformas estruturais” para “conseguir resultados e recuperar a confianza dos investidores e impulsar, outra vez, a economia europea". Pediu polo tanto "cinco anos máis de esforzo" e aos restantes países pregoulles que "aguanten a respiración durante cinco anos ou máis".

Merkel denunciou que “o pacto de estabilidade e crecemento foi repetidamente violado e os criterios de adhesión para algúns países non foron cumpridos. As estatísticas non foron compiladas honestamente e temos de mudar iso”.

Estas declaracións chegan dúas semanas antes de que os días 24 e 25 de novembro se celebre en Bruxelas un cumio vital para o futuro da UE

Estas declaracións chegan dúas semanas antes de que os días 24 e 25 de novembro se celebre en Bruxelas un cumio vital para o futuro da UE no que se ultimará a folla de ruta para a supervisión bancaria, os mecanismos de rescate e a unión fiscal e política. Previamente Merkel realizará unha xira por varios países e por exemplo visitará Portugal o ía 12.

Mariano Rajoy e Angela Merkel, na Moncloa © Goberno de España

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.