Novagalicia precisará 3.400 millóns máis do Estado

Exterior dunha oficina de Novagalicia Banco © NGB

Novagalicia Banco precisará 3.400 millóns de euros máis do Estado para poder cumprir cos decretos de saneamento introducidos polo Goberno. Así o tería confirmado o subgobernador do Banco de España, Javier Aríztegui, durante a subcomisión de control do FROB e tal e como adiantou El Mundo. Ademais, Catalunya Caixa precisaría tamén un mínimo de 5.000 millóns. 

Segundo o banco de España, no caso de que a poxa de ambas as dúas entidades non rematase coa súa adxudicación, e polo tanto non fosen vendidas neste ano, o Estado sería o encargado de inxectar estes recursos. A falta de compradores a prezos razonables xa fixera manifestar ao ministro de Economía, Luis de Guindos, da posibilidade de suspender as devanditas poxas.

Oficina de Novagalicia Banco na Coruña © NGB

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.