O BNG acusa a Feijoo de carecer de estratexia para o turismo galego

Presentación en Fitur © Xunta

O BNG vén de esixirlle o presidente da Xunta que ofreza explicacións públicas sobre a situación do sector turistico en Galicia. Os nacionalistas denuncian que os datos de 2012 foron "os peores da última década" e lembran que neste ano Galicia perdeu o dobre de viaxeiros que a media española. É por iso que a formación, a través da deputada Carme Adán, critica que Núñez Feijoo “presuma” dun Plan de turismo en Fitur cando, segundo o BNG, carece del. A parlamentaria lembra que o sector turístico "resulta unha importante fonte de ingresos e desenvolvemto económico para Galiza que debe ir acompañada dunha estratexia como mesmo reclaman os representantes do sector".

En 2012 Galicia perdeu 157 mil visitantes, un 4,2% do total, con respecto a 2011. A caída no conxunto de España foi do 2,4%

En 2012 Galicia perdeu 157 mil visitantes, un 4,2% do total, con respecto a 2011. A caída no conxunto de España foi do 2,4%. Tamén baixaron e moito as pernoctacións: 570 mil menos en Galicia, un 6,65%, fronte a un descenso do 1,69% no total español. A crise do sector en Galicia déixase notar sobre todo nas pernoctacións do turismo rural, que caeron un 8,62% con respecto ao ano anterior, mentres que en España o descenso foi do 2,5%.

Presentación en Fitur © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.