O BNG acusa a Feijóo de "darlles as costas" aos afectados polas preferentes

Xuntanza do BNG cos afectados polas preferentes © BNG

O BNG acusa a Feijóo e Rajoy de "mirar para outro lado e estar de costas ás persoas estafadas polas participacións preferentes” mentres permiten que os ex directivos das caixas galegas leven cantidades multimillonarias en concepto de indemnizacións, tal e como informa hoxe El País. O diario aclara que catro ex directivos da caixa galega cobrarán 33 millóns máis ao cumprir 65 anos, ademais das elevadas indemnizacións xa percibidas. José Luis Pego, Javier García de Paredes, Óscar Rodríguez Estrada e Gregorio Gorriarán serían os beneficiados.

Catro ex directivos da caixa cobrarán 33 millóns extras logo de cumprir 65 anos, segundo informa El País

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acudiu este domingo a unha xuntanza en Tomiño con persoas afectadas "pola estafa das participacións preferentes" e no que interveu tamén a alcaldesa da localidade, Sandra González, e máis a deputada nacionalista, Carme Adán.  reuniuse esta mañá en Tomiño nun concorrido acto organizado polo BNG con persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes. 

"A solución pasa pola devolución íntegra dos cartos aos seus lexítimos propietarios"

O portavoz do Bloque expresou o seu "apoio" aos afectados e demandará á Xunta e ao Executivo central "que non miren para outro lado, como fixeron até o momento". "A solución ten que pasar pola devolución íntegra dos cartos aos seus lexítimos propietarios”, reclama Guillerme Vázquez, que cre que o que fai Feijóo é "apoiar os intereses da banca e de costas á defensa dos estafados". O BNG advirte que seguirá apoiando as mobilizacións das persoas afectadas por defenderen "os seus lexítimos intereses". 

Xuntanza do BNG cos afectados polas preferentes © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.