O Eurogrupo rescata a Chipre e provoca o primeiro 'corralito' da UE

Chipre CC-BY EUCyprus

Os ministros de Economía e Finanzas da zona do euro acordaron un rescate de 10.000 millóns de euros para Chipre, pero a cambio da axuda multimillonaria dos seus socios, o novo Goberno de Nicosia tivo que cruzar unha liña vermella e aceptar unha quita a todos os depósitos.

O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, informou tras máis de dez horas de negociacións que o rescate inclúe "ambiciosas medidas" no ámbito da consolidación fiscal, as reformas estruturais e as privatizacións, así como "accións determinantes" para salvagardar a estabilidade financeira. Finalmente, o Eurogrupo logrou reducir o monto total da asistencia dos 17.000 millóns de euros inicialmente calculados até 10.000 millóns de euros, explicou Dijsselbloem.

Os dezasete pactaron un paquete de medidas que inclúe un imposto extraordinario do 9,9% sobre os depósitos de máis de 100.000 euros e un de 6,75% para os de menos, así como un aumento do imposto de sociedades do 10% ao 12,5%

Os dezasete pactaron un paquete de medidas que inclúe un imposto extraordinario do 9,9 % sobre os depósitos de máis de 100.000 euros e un de 6,75 % para os de menos, así como un aumento do imposto de sociedades do 10 % ao 12,5 %. A taxa aplicarase unha soa vez e imporase para depositantes residentes e non residentes de Chipre.

Ao ser preguntado polo feito de que con esta medida os depósitos de até 100.000 millóns de euros xa non quedarán garantidos por fondos de garantía de depósitos como establece a propia Unión Europea (UE), Dijsselbloem explicou que é unha "situación especial" e que o gran tamaño do seu sistema bancario requiriu un "programa específico".

O Banco Central de Chipre ten xa un "plan de continxencia" para controlar os fluxos de depósitos diarios e evitar fuxidas de capital, sinalou Asmussen

Dijsselbloem explicou ademais que a taxa especial sobre os depósitos permitirá achegar uns 5.800 millóns de euros, mentres que o membro do comité executivo do Banco Central Europeo (BCE) Jörg Asmussen dixo que o imposto se imporá a partir do martes. Tamén explicou que as taxas serán "conxeladas" para garantir que poidan ser recadadas, pero que o resto dos depósitos estarán "libremente dispoñible" para os clientes. O Banco Central de Chipre ten xa un "plan de continxencia" para controlar os fluxos de depósitos diarios e evitar fuxidas de capital, sinalou Asmussen.

Sarris asegurou que a decisión de aceptar as quítas, ás que Chipre sempre se opuxo, "foi moi difícil", pero recalcou que se podería perder moito máis diñeiro nunha bancarrota do sistema bancario ou do país. En calquera caso, explicou, os depositantes recibirán como compensación accións polo valor equivalente á quíta que terán que asumir

Dado o gran tamaño da banca chipriota con respecto ao seu PIB, haberá unha "redución apropiada" do mesmo até alcanzar a media da Unión Europea (UE) de cara a 2018, indicou. O presidente do Eurogrupo dixo que a eurozona confía en que o rescate e a súa "estrita implementación" permitirá que a débeda pública de Chipre, que se prevé alcance o 100 % do PIB en 2020.

Chipre CC-BY EUCyprus

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.