O Foro Económico de Galicia presentou este xoves en Santiago a cuarta e derradeira entrega do ano 2023 do seu Informe de conxuntura socioeconómica, un documento que analiza a evolución xeral da economía galega nos úlitimos meses do pasado ano, pero que tamén dedica un apartado a afondar na situación do sistema enerxético español e a previsión de descarbonización para 2050.
O informe destaca que a economía galega segue medrando pero comeza a sufrir unha importante ralentización na taxa de crecemento do PIB. Rexistra unha suba interanual do 1%, oito décimas inferior á media española, e en termos intertrimestrais a economía galega contráese un 0,3%, que contrasta coa suba do 0,3% en España
O documento foi elaborado polo economistas do Foro Económico de Galicia Patricio Sánchez e Santiago Lago, ambos da Universidade de Vigo; e José Francisco Armesto e Fernando González Laxe, coordinador do traballo. E o apartado dedicado ao sistema enerxético foi obra de Miguel Rodríguez, Jorge Domíngues e Francisco de Asís López, todos eles da Universidade de Vigo.
O informe destaca que a economía galega segue medrando pero comeza a sufrir unha importante ralentización na taxa de crecemento do PIB. En concreto, rexistra unha suba interanual do 1%, oito décimas inferior á media española, e en termos intertrimestrais a economía galega contráese un 0,3%, porcentaxe superior á estimada na zona euro e que contrasta coa suba do 0,3% en España. A análise subliña a contracción experimentada polos sectores da construción e da industria, mais sinala que o mercado de traballo galego presenta pola súa banda un balance positivo, pois a poboación ocupada medra un 2,7% respecto ao ano anterior.
O documento destaca que para acadar a descarbonización será preciso -no conxunto do Estado- multiplicar por 6 a xeración eólica e por 24 a xeración fotovoltaica, tomando como referencia o ano 2019. E todo a pesar da forte redución prevista na demanda enerxética (un 25% menos)
O informe dedica un apartado ao sistema enerxético español e á previsión de descarbonización para ano 2050.O documento destaca que para acadar este obxectivo será preciso -no conxunto do Estado- multiplicar por 6 a xeración eólica e por 24 a xeración fotovoltaica, tomando como referencia o ano 2019 (un bo ano para a produción éolica). E todo a pesar da forte redución prevista na demanda enerxética (un 25% menos).
Ademais, para integrar este aumento da enerxía renovable xerada, sinala que será necesario realizar un enorme esforzo de cara a incrementar a capacidade de almacenamento enerxético, podendo chegar aos 55 TWh aproximadamente, o cal representa un 9,5% aproximadamente da demanda enerxética anual.
O documento destaca, así mesmo, que "non existen razóns para que a produción eléctrica se concentre en determinadas zonas xeográficas como na actualidade"
O Foro subliña que este esforzo "só será posible se realizamos unha transición enerxética xusta, de acordo con as principais directrices do Pacto Verde Europeo". Ademais das iniciativas privadas neste sentido, fai fincapé en que "é posible deseñar regulacións e políticas públicas que incrementen a aceptación social, debendo considerarse tamén a necesaria redución na demanda e por tanto das instalacións de produción necesarias e os seus impactos".
O documento destaca, así mesmo, que "non existen razóns para que a produción eléctrica se concentre en determinadas zonas xeográficas como na actualidade, pois o recurso solar está moi ben distribuído, e con grandes posibilidades de explotación de tellados (de fogares, empresas e administracins públicas".
O informe sinala que "hai formas directas de socializar os beneficios socioeconómicos das instalacións renovables" e engade que "deben pagarse os terreos ocupados en función do valor do recurso dispoñible sobre o chan (eólico e solar), igual que se faría por unhas terras que conteñan ouro no subsolo"
O informe sinala que "hai formas directas de socializar os beneficios socioeconómicos das instalacións renovables, como o autoconsumo ou as comunidades enerxéticas (entre fogares e actividades económicas locais)". E lembra que "noutros países xa o están facendo para lograr a súa maior aceptación. Existen exemplos, como Holanda ou Dinamarca nos cales se lles entrega ás comunidades locais participacións no capital de instalacións renovables para que obteñan unha parte dos beneficios xerados. En Escocia, algúns parques eólicos mariños pagan carreiras universitarias a estudantes locais (aproximadamente 10.000 ao ano). Outras fórmulas consisten en ofrecer electricidade gratis ás comunidades locais".
Así mesmo, engade que "en calquera caso, deben pagarse os terreos ocupados en función do valor do recurso dispoñible sobre o chan (eólico e solar), igual que se faría por unhas terras que conteñan ouro no subsolo".