O millón de empregos, aínda moi lonxe

O número total de persoas afiliadas á Seguridade Social é aínda moi inferior ao rexistrado antes da crise Dominio Público Praza Pública

En 2007 traballaban en Galicia 1.061.746 persoas, unha cifra que chegou a reducirse ata as 890.813 de 2014. A leve recuperación experimentada nos últimos tres anos só permitiu salvar 50 mil dos 170 mil empregos perdidos durante a crise, ata chegar ás 940.468 afiliacións rexistradas este mes de marzo nas estatísticas da Seguridade Social.

Podes consultar neste gráfico os datos do teu concello, comparando o dato actual co existente en 2007, antes do inicio da crise, ou co que había nos anos 2013 e 2014, momento no que o emprego tocou fondo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.