O número de estranxeiros afiliados á Seguridade Social baixa un 8% no último ano

Dous obreiros traballando nun tellado © CCOO

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia acadou os 34.025 no pasado mes de xuño, o que supón un descenso do 8,11% con respecto ao mesmo mes do exercicio pasado, pero un incremento do 0,7% en comparación co mes de maio.

No conxunto do Estado, a Seguridade Social gañou 20.677 cotizantes estranxeiros en xuño, o que supón un 1,19% máis que no mes anterior e deixa o descenso interanual nun 4,88%. En total, o número de inmigrantes de alta no sistema chega aos 1.760.520 ocupados, tal e como informou o Ministerio de Emprego, que atribúe este incremento nos últimos meses á ocupación estranxeira nas campañas agrícolas e á tempada turística. 

Do total de inmigrantes afiliados á Seguridade Social en Galicia, 21.624 cotizan ao Réxime Xeral, 1.414 ao agrario, 2.856 ao do fogar, 5.032 ao de autónomos, 1.529 ao do mar e 1.570 ao do fogar.

Dous obreiros traballando nun tellado © CCOO

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.